A Xunta de Goberno aprobou este luns a 6ª liña anual de creación de emprego directo e de calidade na provincia, dotada de 2 millóns de euros, financiados na súa totalidade pola Deputación, para a contratación, a través dos Concellos, de 80 lucenses desempregados. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que é un novo plan que busca combater o paro e mellorar os servizos públicos nos municipios con menor capacidade económica, os de menos de 5.000 habitantes que non se teñan beneficiado dunha programación semellante nos últimos anos, “garantindo a igualdade de oportunidades”.
Esta mesma semana, o plan publicarase no BOP. A partir de entón, os municipios terán un prazo de 15 días para solicitalo. Os criterios obxectivos de adxudicación da axuda para os Concellos son 3: taxa de paro, superficie de rede natura e superficie forestal. Para determinar o número de traballadores que lle corresponde a cada municipio, o único factor obxectivo será o número de habitantes. Serán un máximo de 11 traballadores para municipios de ata 5.000 habitantes, e un mínimo de 4 para os de menos de 500 habitantes.
A Deputación confiará o proceso de selección de persoal ós propios Concellos e asumirá os custes salariais, é dicir, as retribucións e a seguridade social. A retribución mensual dos peóns superará os 1.000 euros. A diferenza dos obradoiros de emprego doutras administracións, nos que as persoas están empregadas 6 meses, no caso da Deputación de Lugo serán 15 meses. “Coñecedores do estado das arcas municipais”, remarcou Martínez, para que os Concellos non teñan que facer fronte ó pagos das nóminas sen a partida presupostaria correspondente, a Deputación de Lugo adiantaralles o 90% do total antes de que realicen a contratación do persoal.
As tarefas que levarán a cabo os traballadores contratados consistirán na mellora de servizos públicos: como obras no medio rural, traballos no medio ambiente, intervencións en espazos públicos e naturais, medidas preventivas en defensa do medio ambiente… É dicir, atenderán as necesidades imprescindibles para o benestar dos veciños dos Concellos con menos de 5.000 habitantes.
2.180 lucenses no paro beneficiados
Con este novo plan, serán un total de 2.180 lucenses no paro os beneficiados das 6 liñas anuais de creación de emprego directo e de calidade da Deputación: 1.000 persoas co Segundo Pacto Provincial polo Emprego, que ofrece formación remunerada para a prestación de servizos en materia de benestar, unha das profesións con máis futuro na provincia; 900 persoas co Fórmate en Verde, que están a recibir formación práctica para a creación ou reconversión de empresas sobre gandería e agricultura ecolóxica, e o sector forestal; 50 persoas co convenio coa Escola de Organización Industrial, que se convertirán en especialistas en innovación e que darán asesoramento a 300 autónomos e PEMES da provincia; 70 mozos lugueses en paro que mellorarán a súa formación en prestixiosas empresas europeas coas bolsas Leonardo da Vinci; 80 persoas que integran os Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES); e, agora, 80 lucenses en paro que mellorarán os servizos públicos en Concellos de menos de 5.000 habitantes.
Subvencións da Xunta
A sesión acordou concorrer, unha ano máis, ás axudas para a contratación de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local que ofrece a Consellería de Traballo ás entidades locais. Martínez subliñou que “en todas as convocatorias anteriores, a Xunta só nos chegou a conceder o 18% do orzamento máximo ó que podemos optar, uns 16.000 euros, podendo contratar tan só a dúas persoas. Este ano, voltamos a pedir a contía máxima, que ascende ós 172.100 euros, co obxectivo de contratar a un maior número de desempregados”.
Plan enerxético
A Xunta de Goberno aprobou a contratación de 3.600 novos compoñentes enerxéticos para Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Barreiros, Rábade, A Pontenova, Baralla e O Valadouro, para reducir as facturas pola luz destes 7 Concellos en 80.000 euros ó ano. Martínez explicou que se tratan dunhas actuacións enmarcadas no plan enerxético da Deputación, “que financiamos ó 100%, supoñendo un custe de cero euros para os Concellos. En contraposición, o plan da Xunta obriga ás entidades locais a pagar o 30% dos custes”.
O plan enerxético da Deputación aforra a estes 7 Concellos máis de 280.000 euros: 70.000 euros que custarían, segundo o mercado, as auditorías enerxéticas, que asumimos dende a Axencia Provincial da Enerxía; 135.000 euros ó asumir a adquisición e instalación do material enerxético en casas consistoriais, casas da cultura, colexios públicos, centros socioculturais e alumeados públicos; 80.000 euros nos que reducirán as facturas enerxéticas anuais destes municipios.
Son 37 os Concellos que, de xeito voluntario, se sumaron ó plan enerxético da Deputación. O organismo provincial rematou a instalación do material no Incio, A Fonsagrada e Abadín. Nos vindeiros días, iniciará estes traballos en Cervantes, Pol e Samos. Logo, continuará en Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Barreiros, Rábade, A Pontenova, Baralla e O Valadouro. Paralelamente, seguirá coas contratacións conxuntas do material enerxético para os restantes municipios mediante o Acordo Marco que puxo en marcha e que lles permite aforrar cartos.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



