Este sábado a FAPACEL organizou o I ENCONTRO DE FEDERACIONS E ANPAS GALEGAS no cal estiveron Federacións e Anpas de toda Galicia (Ferrol, Narón, Coruña, Costa da Morte, Cangas, Val Miñor, Santiago, Carballo, Arteixo, Lugo, Monforte, Alfoz, e varias anpas da cidade de Lugo).
Este encontro serviu para compartir experiencias entre as anpas e federacións e tamén para deixar constancia de que a unión fai a forza é que temos que estar todos xuntos para conseguir que o ensino público en Galicia sexa de calidade. As anpas somos o resultado da unión das familias. Temos que ter claro que o noso traballo é moi importante para a sociedade e conseguir ese prestixio social que a día de hoxe non temos recoñecido.
As Federacións e Anpas reivindicamos que tódolos servizos sociais (comedores, actividades extraescolares….) sexan asumidos pola Administración . As nais e pais non somos xestores de actividades, somos voluntarios que prestamos todo o noso tempo libre a traballar pola educación dos nosos fillos. Temos moi claro que as existencia das anpas do rural e as anpas da zona urbana son necesarias mais os servizos que prestan son moi distintos, mentras unhas se centran en que os centros non perdan servizos básicos (mestres, comedores…) as outras céntranse en facer un traballo de conciliación de vida laboral e familiar.
O futuro que lle espera o ensino en Galicia coa aplicación da Lomce e de gran retroceso, co cal temos que conseguir que esta lei non salla adiante e pelexar para conseguir un ensino PUBLICO, GALEGO E DE CALIDADE.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



