Óscar Joyeros continúa a liderar a clasificación da Liga de fútbol sala de veteranos de Viveiro empatado a puntos co Gato Pardo, O Mesón e O Recuncho, os equipos que lograron gañar os tres primeiros partidos da competición.
Os primeiros gañaron ao Forum por 3-5 nun partido disputado este xoves 31 de outubro, mentres que os segundos fixeron o propio contra Os Arcos , por 3-1. O Mesón tamén gañou por 4-2 ao Lodeiro, na última xornada disputada; mentres que O Recuncho, xa venceu ao Soho no primeiro partido disputado esta semana.
Son outros catro os que os seguen de preto cunha diferencia de 3 puntos: Cofipesca, Forum, Flanagans e Punto Galego; mentres que se estrean na táboa cun punto A Fonte e A Curva tralo empate logrado no partido disputado este martes correspondente a esta terceira xornada ligueira. O Cofipesca deixou no marcador desta última xornada un 10-0 ao seu favor; mentres que Punto Galego gañaba ao Flanagans por 2-3.
Os restantes 4 equipos da Liga (Lodeiro, Os Arcos, Soho e Temple) non lograron puntuar polo momento. Poderán intentalo na vindeira xornada na que están previsto os seguintes enfrontamentos:
– A Curva – Forum: luns 4 ás 20.30 horas.
– Soho – O Mesón: luns ás 21.15 horas.
– Óscar Joyeros – Cofipesca: luns ás 22.00 horas.
– Lodeiro – A Fonte: xoves 7 ás 20.30 horas.
– Os Arcos – Flanagans: xoves 7 ás 21.15 horas.
– Punto Galego – O Recuncho: xoves 7 ás 22.00 horas.
– Temple – Gato Pardo: xoves 7 ás 22.45 horas.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
