Membros da plataforma Iniciativa Galega Pola Gratuidade da Sanidade atópanse, nestes intres, diante do despacho do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, nun novo intento de ser recibidos para urxirlle que non entre en vigor o copago das menciñas de dispensación hospitalaria para pacientes ambulatorios afectados por patoloxías graves e/ou crónicas.
Segundo explicaron algúns dos representantes desta plataforma, se o presidente da Xunta volve hoxe a negarse a manter un encontro con eles para debatir sobre o futuro da sanidade pública galega, permanecerán fechados nas instalacións de San Caetano.