O Mesón protagoniza a maior goleada da sétima xornada da Liga de fútbol sala de Veteranos de Viveiro. O Mesón gañou por 10-0 ao Temple nun dos partidos disputados o luns. Gato Pardo tamén sumou tres novos puntos, e mantense en cabeza xunto a O Mesón, tras gañar por 4-9 ao Forum. Óscar Joyeros impúxose nun partido máis igualado contra O Recuncho (3-4).
A Fonte tamén gañou a Os Arcos cunha vantaxe de 5 goles (9-3). Soho impúxose a Lodeiro (1-3) e Punto Galego (1-2) a A Curva; mentres que Flanagans e Cofipesca rexistraron o único empate da xornada.
Deste xeito, Gato Pardo continúa como líder tras gañar todos os partidos disputados ata agora. E, moi de preto, con 18 puntos séguenos O Mesón e O Recuncho. Lodeiro e Os Arcos aínda non lograron puntuar e pechan a clasificación con 0 puntos.
A vindeira semana será a quenda dos seguintes partidos:
Gato Pardo – Flanagans: luns 2 ás 20.30 horas.
Cofipesca – O Recuncho: luns 2 ás 21.15 horas.
Temple – A Fonte: luns 2 ás 22.00 horas.
Soho – Forum: xoves 5 ás 20.30 horas.
Os Arcos – A Curva: xoves 5 ás 21.15 horas.
Punto Galego – Lodeiro: xoves 5 ás 22.00 horas.
Óscar Joyeros – O Mesón: xoves 5 ás 22.45 horas.