O Burela FS Pescados e Vista Alegre deron a cara este sábado ante un líder todopoderoso, tallante na finalización. Malia tomar a iniciativa no marcador e dalo todo sobre a pista, os goles laranxas de Iago Míguez, Isi, Juanma e Mata non foron suficientes para frear a embestida do Inter Movistar (4-5), con Pola, Rivillos e triplete de Ricardinho.
O cadro de Juanlu saltou á cancha pisando forte; mostrouse feroz en ataque e provocou a incomodidade do rival ralentizando as súas tentativas en verticalidade. O gol laranxa non se fixo esperar; Iago Míguez anotou o 1-0 ao segundo pau (minuto 2) desde saque de esquina de Isi, un tanto que avivou as chamas das filas mariñás para pelexar polos tres puntos. Con todo, o Inter mantivo a compostura para reducir distancias; no minuto 5, Pola subiu o 1-1, en xogada de estratexia. O Burela FS non estaba disposto a renderse e intentouno con Juanma, só ante Jesús Herrero, no minuto 6, pero o esférico marchouse alto. Ante a sólida defensa do Inter, as ocasións volvían para as zapatillas laranxas roldando o ecuador da primeira parte; Hugo, logo de deixar atrás Mata a Tobe, e Antoñito, tamén en colaboración co dorsal 10 burelista, intentaban sorprender o porteiro madrileño. A escuadra galega perdoou e volveu á carga o Inter; no minuto 13, Álex puido obstaculizar desde o chan o disparo de Ricardinho e no 14 volveu frear a Ortiz, pero de novo estaba Ricardinho esperando para materializar o 1-2. A primeira parte finalizou con busca incesante dos burelistas por volver ás táboas, aínda que sen éxito.
Traso descanso chegou o gol tan merecido dos mariñáns. O Burela FS aproveitou un erro defensivo, no minuto 22; Isi subiu o empate ao marcador nun balón que tocou en Carlos Ortiz, onde tamén esperaba Hugo para rematar a faena. A reacción de Inter foi rápida, anotando o 2-3 a balón parado, con Ricardinho ao segundo pau desde Batería (minuto 23). Pero, os pupilos de Juanlu non estaban dispostos a ceder máis terreo e así o deixaron de manifesto dous minutos máis tarde, coa igualada 3-3, de Juanma, que aproveitou un pase de Burrito para bater de lonxe o meta interista. A nova vantaxe dos madrileños volveu chegar de estratexia, con saque de esquina de Rafael que culminaba Rivillos no minuto 27.
Con 3-4, chegaba o ecuador da segunda parte, no que Matamoros buscaba sorprender a Jesús Herrero para igualar a contenda, pero tamén con traballo para Álex baixo os paus, que salvou os laranxas só ante Batería. Non puido frear, con todo, o meta laranxa a Ricardinho no minuto 31, en colaboración con Borja (3-5). Aínda que o Inter mandaba no marcador, o Burela FS non se deixaba amilanar. Cando parecía que os ánimos estaban máis baixos, o gol de Matamoros, con axuda de Hugo, volveu facer estalar a Vista Alegre (minuto 35). A falta de pouco máis de 2 minutos para a bucina final, Burela apostou por porteiro-xogador con Burrito de amarelo, pero o tempo esgotouse sen o traballado empate.
Santiago Futsal espera os laranxas na 14ª xornada; será o sábado 7 de decembro no Multiúsos do Sar, ante a atenta mirada das cámaras de TVG 2 (18.00 horas).
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Álex, Iago Míguez, Isi, Hugo, Mata, cinco inicial; tamén xogaron Burrito, Antoñito, Mimi, Juanma, Christian
Inter Movistar FS: Jesús Herrero, Ricardinho, Batería, Rafael, Ortiz, cinco inicial; tamén xogaron Rivillos, Nano Modrego, Pola, Borja, Tobe
Goles: 1-0, minuto 2, Iago Míguez; 1-1, minuto 5, Pola; 1-2, minuto 14, Ricardinho; 2-2, minuto 22, Isi (p.p. Ortiz); 2-3, minuto 23, Ricardinho; 3-3, minuto 25, Juanma; 3-4, minuto 27, Rivillos; 3-5, minuto 31, Ricardinho; 4-5, minuto 35, Matamoros
Árbitros: Martínez Segovia // Sánchez Molina (Castela A Mancha)
Tarxetas: Por Inter, amarela a Rafael (minuto 25). Por Burela FS amarela a Antoñito (minuto 5), Isi (minuto 33), Mimi (minuto 40)
Incidencias: Partido correspondente á décimo terceira xornada de Primeira División LNFS (Vista Alegre), con 1.200 espectadores nas bancadas, coa presenza do presidente da Federación Galega de Fútbol Sala, Juan Ángel Probaos. Minuto de silencio polo falecemento de Ramón Otero Franco, pai do adestrador do CD Burela FS de Primeira División RFEF, Quico Otero.
*Foto: A Caixa Escura Producións.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
