Lourenzá (Lugo), 1 decembro de 2013.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria converte este domingo a igrexa do mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá no escenario dunha performance musical e poética na primeira cita do ciclo ‘Monumenta: difusión do patrimonio restaurado’ neste mes de decembro.
No marco deste novo programa de dinamización artística en espazos de interese patrimonial recentemente restaurados ou nos que están previstas actuacións de recuperación, UgMOV- Ugia Pedreira e Marina Oural Villapol- mesturan poesía e composición musical para transmitir o sentimento dos campos e hortas do Val de Lourenzá e dos aires da Mariña. A cita, á que asiste en representación da Consellería a directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua; complétase cun obradoiro infantil sobre as fachadas das igrexas dirixido aos máis pequenos da casa.
De feito, a Consellería vén de investir máis de 13.000 euros na reparación de elementos pétreos e ornamentais da fachada da igrexa deste mosteiro, favorecendo así a recuperación do seu esplendor e vistosidade e a súa conservación, reforzando ademais a súa seguridade estrutural. Referente do Barroco galego, San Salvador de Vilanova de Lourenzá foi declarado monumento histórico-artístico no ano 1974. A construción da igrexa foi iniciada no ano 1732 e acabada polo mestre Casas Novoa (a fachada e a parte alta do interior) como ensaio da fachada do Obradoiro.
Achegar á cidadanía ao patrimonio e á creatividade
Monumenta promove o achegamento da cidadanía ao patrimonio galego recuperado, a través de diferentes manifestacións de creatividade: concertos, obradoiros, visitas guiadas e faladoiros. A través deles os participantes poden apreciar o laborioso traballo de recuperación e de conservación levado a cabo nos bens patrimoniais nos que se celebra o ciclo e coñecer o valor dos monumentos, contando para elo coa participación de artistas e formacións musicais de referencia en Galicia, así como de músicos e entidades locais vinculados cos diferentes lugares nos que se realiza o ciclo.
Así, ofrécense actuacións de recoñecidos artistas e de formacións musicais vinculadas cos propios lugares nos que se desenvolve o ciclo. Este apartado musical inclúe os concertos de Rosa Cedrón, de Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, de María do Ceo, do Grupo 1500, de S@X21, da Rondalla Alfaia de Cenlle, da Coral Polifónica de Chantada e dun cuarteto de corda do Conservatorio de Vigo, en homenaxe a Ángel Barja Iglesias.
O ciclo tamén conta coa participación do xornalista, músico e escritor Xurxo Souto, coa proxección do filme histórico Noticieiro Folk 1932, coa contadora e cantante Charo Pita e cunha performance musical e poética de UgMOV, con Ugia Pedreira e Marina Oural Villapol. O teatro de rúa tamén estará presente cunha recreación histórica a cargo do grupo Os Quinquilláns.
Obradoiros nos que as familias terá oportunidade de coñecer a arquitectura dos monumentos e o proceso de restauración dos bens, faladoiros cos veciños e veciñas do lugar para aprender, compartir e ampliar coñecementos, visitas guiadas e paseos sonoros completan a programación deste ciclo que promove a Consellería co obxectivo de difundir o interese e o aprecio polo patrimonio cultural galego.
O ciclo percorre as catro provincias galegas. Tras as actividades realizadas no claustro da catedral de Santa María en Tui, no santuario da Angustia en Betanzos, na igrexa de San Miguel de Osmo en Cenlle, na igrexa de Santa María de Nogueira de Miño en Chantada, na igrexa do mosteiro de Santa María de Armenteira en Meis, na igrexa do mosteiro de San Clodio en Leiro, no mosteiro de San Xusto de Toxos Outos en Lousame e nesta igrexa do mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá; o ciclo continuará a súa andaina na igrexa de Santa Cruz de Terroso en Vilardevós (día 7) e na de San Pedro de Moreiras en Toén (día 8).





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



