Dí Antón Niñe no libro “O Asilo: a súa historia” (1997) que dende a entrada en servizo do mesmo (1933) pasaran por el 751 residentes de ambos sexos; o 20% de Foz e os demais de concellos veciños, do resto de Galicia e doutras autonomías; xentes heteroxéneas que deron lugar á presenza de individuos singulares e mesmo pintorescos, exóticos, que nalgunha medida amenizaban a convivencia veciñal coa que sempre mantiveron cordiais relacións. O mais popular deles, durante moitos anos, fora “o mudo”, así chamado pola condición de tal, e a singularidade da personalidade radicaba na incógnita que rodeaba a súa existencia, ata o punto que endexamais se coñeceo a orixe. O bo do home, de aspecto exótico, tez morena, corpulento, aparecera, sen ninguén saber cómo, solitario, deambulando pola vila de Meira, ao pouco de rematar a guerra civil. Polas explicacións que coas mans, e os trazos que debuxaba no ar facía, decíase que o forasteiro caera dun avión, extremo que nunca chaegou a confirmarse; o protagonista, solitario, perdido e illado, foi recollido polas autoridades e enviado a un Centro de atención en Santiago e, sen tardar, remitido ó asilo de Foz onde permañeceu ata o pasamento a idade indeterminada pola carencia de datos biográficos que algunhas persoas, aventuraban arredor dos 70 anos. Era sorprendente a soltura e o estilo do home manexando o bolígrafo co que, sobre o papel, deixaba uns trazos firmes e rápidos que facían pensar nalgunha forma de escritura que nunca chegou a descifrarse.Un domingo de maio do 52, tivo lugar un brillante acontecemento no Asilo, ao que asistiu moita xente, como era habitual nas celebracións daquela Casa: o bautizo do “Mudo”, Festa rachada!. Sor Paz puxo a punto o coro e na cociña elaboraron as deliciosas confituras coas que se agasallaba aos asistentes en ocasións semellantes. O neófito fora apadriñado por Sor Dolores, a Superiora, e José María Fernández Rancaño, secretario do Goberno Civil de Lugo, e foronlle impostos os nomes de Santiago Meira Foz… (seguirá)




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



