Barreiros, 6 de novembro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, presentou esta tarde unha nova proposta de teatro da área de Cultura da institución provincial: ‘Escena en Barreiros’, mostra que traerá teatro tanto afeccionado como profesional a catro parroquias da localidade mariñá durante o mes de novembro. O proxecto nace como unha iniciativa conxunta do Colectivo Cultural Ollomao e a Irmandade San Caetano. Na presentación tamén estiveron Tamara Rubiños, presidenta de Ollomao, acompañada por Ana Ermida, Sandra Novo, Xela Fernández e Ramón Casas, así como Xosé Díaz Acebo, en representación da Irmandade San Caetano.
Na mostra participan Nostrum Cai, que porá en escena a peza ‘Radio Universo’ o 10 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural de San Cosme; o colectivo Ardora Teatro, que interpretará a obra Acernos o 17 de novembro, ás 19:00 horas, nas Antigas Escolas de Celeiros de Mariñaos; e o Grupo de Teatro de Ribadeo, que escenificará ‘Os Putativos’ o 1 de decembro, ás 19:00, no Centro Social de Cabarcos.
No marco destas xornadas dedicadas á interpretación, o sábado, 23 de novembro, Isabel Risco traerá a Barreiros dous espectáculos: As aventuras de Nabiza Girl, co que nos traerá a vida, aventuras, desventuras, e problemáticas dunha superheroína galega e rural; e Unha viaxe espaZial, que narra a historia dunha adolescente perdida no espazo exterior, e, probablemente, en todos os espazos. Estes terán lugar, ás 20:00h, nas Escolas de Celeiro de Mariñaos.
Neste sentido, Tamara Rubiños explicou que “con Escena en Barreiros tentamos achegar o teatro ás parroquias de Barreiros, ofrecendo un circuíto que leva representacións fóra dos lugares habituais, e propoñemos actuacións catro fines de semana seguidas, deseñando así, un programa continuo no camiño de promover a actividade cultural nos meses de inverno”.
Pola súa banda Antonio Veiga fixo fincapé en que “tanto o proxecto Buxiganga como a posta en marcha deste tipo de circuítos teatrais a nivel local dá resposta á grandísima afección que existe polo teatro na comarca da Mariña, tanto a nivel de actores e actrices como no que se refire á xente que asiste ás irepresentacións”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



