Cervo, 9 de novembro de 2013-Unhas 40 persoas participan este ano nos cursos de memoria que se imparten polas parroquias do municipio. En concreto, a actividade estase desenvolvendo dende o mes de outubro en San Ciprián, Cervo, Trasbar, Rúa e dende esta semana tamén en San Román, pero o obxectivo da Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Pilar Armada, é que os cursos de memoria cheguen a todas as parroquias, polo que aínda se poden conformar grupos noutras localidades onde exista demanda. Cabe destacar que este ano a novidade son as clases en San Román, xa que no resto de lugares xa os viñan demandando.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais estiveron esta semana nunha das aulas comprobando o bo funcionamento dos cursos e falando co alumnado para coñecer o seu grao de satisfacción nunha actividade que nos últimos anos vén mantendo uns bos niveis de participación e seguimento.
Neste sentido hai que ter en conta que a maior parte dos asistentes repiten ano tras ano aínda que tamén hai novos alumnos. De feito, nesta ocasión incrementouse a demanda con respecto ao curso pasado. Tamén hai que destacar que cada vez son máis os homes que acoden a unha actividade que nun principio tiña mellor acollida por parte das mulleres.
Esta actividade vense ofrecendo nos últimos anos como unha iniciativa moi positiva para os asistentes a varios niveis, tanto dende o punto de vista da mellora das capacidades cognitivas e a estimulación da memoria, como dende o punto de vista social, xa que os cursos convértense nun punto de encontro para os participantes.
Armada tamén destacou o desenvolvemento das clases, “dinámicas e participativas, co obxectivo de que sexan o máis atractivas e proveitosas posibles para as persoas asistentes”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



