Lugo, 24 de novembro de 2013. O Partido Popular de Lugo, co obxectivo, de conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero, deu a coñecer este domingo a campaña que inicia a partir do luns 25 de novembro e que levará a cabo por toda a provincia.
Baixo o lema “no amor non te cegues, usa as gafas malva”, e cun acto simbólico no que diferentes membros do partido luciron unhas lentes desta cor, a Comisión Provincial da Muller, que coordina Mari Teijeiro, presentou esta iniciativa.
Na presentación estiveron presentes, o Presidente provincial, José Manuel Barreiro, o secretario provincial José Manuel Balseiro, o presidente da Xunta Local de Lugo Jaime Castiñeira, membros de Novas Xeracións e as integrantes da Comisión Provincial da Muller; todos eles luciron unhas lentes de cor malva co obxectivo de lanzar á sociedade unha mensaxe para descubrir as desigualdades e previr a violencia de xénero e invitaron aos cidadáns a pór uns anteollos malva para mirar dunha forma diferente a realidade e incorporar a perspectiva de xénero no noso día a día.
O líder dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, foi o encargado de ler un manifesto onde afirmou que o PP de Lugo se compromete a ser axente activo na loita contra a violencia de xénero dende as xeracións máis novas da sociedade.
Barreiro agradeceu a implicación da Comisión Provincial da Muller e das Novas Xeracións do PP de Lugo neste proxecto e asegurou que “se fosemos capaces de saber detectar esta enfermidade histórica e endémica da nosa sociedade, estaríamos dando ese primeiro paso preciso para facer un xaque á violencia de xénero, aprender a detectala”.
ACTOS INCLUIDOS NESTA INICIATIVA
A coordinadora da Comisión Provincial da Muller, Mari Teijeiro, manifestou que os actos que se inclúen nesta iniciativa son diferentes obradoiros que se impartirán por toda a provincia lucense e que teñen como finalidade ensinar a mirar con outros ollos.
“Un uso simbólico destas lentes malva coas que aprenderemos a traballar estereotipos e falsos mitos que rodean a realidade que sofren a diario miles e miles de mulleres converténdonos en axentes contra a violencia de xénero con un compromiso claro de denunciar e non permitir nin unha soa mostra de ataque á igualdade de xénero ou de violencia cara ás mulleres”- manifestou.
Neste senso, a popular afirmou que se trata de por unhas lentes imaxinarias que nos agranden a vista no día a día e nos axuden a ter unha maior atención ante o que está acontecendo ao noso arredor, “estar máis informadas, tecer maiores redes, facer unha vida autónoma, desfrutar do tempo libre, aprender a ver e mirar cos anteollos da igualdade”- subliñou.
Así mesmo a Coordinadora Provincial concluía o acto de presentación da campaña comparando esta forma de violencia con un parasito que se aproveita da vida da muller ata arrebatarlla “a violencia contra a muller é coma unha carracha miúda que se instaura na nosa vida sen que sexa apreciada a súa presenza, intentar arrancala doe pero sabes que tes que sacala do teu corpo porque senón acaba coa túa vida e a de aqueles que están ó carón”- aseverou.
Dirixíndose a toda a sociedade e deforma especial á mocidade, os populares lucenses lanzaron esta mensaxe “no amor, non te cegues, usa as gafas malva. Verás a desigualdade, previremos a violencia de xénero” e concluíron, agradecendo a colaboración e boa disposición nesta campaña de Multiópticas Callao e ópticas Feás en Chantada y Monterroso quen facilitou as gafas que se usaron para a presentación da mesma.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



