Vitoria do Burela Pescados Rubén por 5-4 no derbi galego ante o Ponte Ourense, nun encontro intenso, con alternativas no marcador e con emoción ata o final. Peque decantou un derbi aberto ao transformar un penalti no último minuto de partido.
O conxunto burelés remou contracorrente desde o inicio do choque debido ao tempraneiro tanto logrado por Souza no seu primeiro disparo. Con esta vantaxe as ourensás reforzaron o seu plan de contención e contragolpe ante un Burela que dominaba pero non lograba atopar a chave do candado. O empate chegou nunha bonita combinación entre Lidia, Maite e Peque que estableceu unha igualada que acentuou o dominio local, pero o Ponte Ourense volveu tirar de efectividade e nunha fulgurante contra de Anita logrou o 1-2, tras superar a Jozi no man a man.
Así se chegou ao descanso e na segunda parte chegou a reacción burelesa por mediación de Maite (2-2) e Lara que plasmaba a remontada laranxa co 3-2. As ourensás acusaron o golpe e o Burela puido sentenciar o derbi pero abriu as portas a un Ponte que aceptou a invitación con Souza como estilete. Dous tantos en apenas un minuto da brasileira puxeron de novo por diante as pontinas e obrigou ao conxunto local a remar, outra vez, contracorrente. Con xogo de cinco o Burela logrou investir a situación, primeiro cun tanto de Lara e no último minuto cun penalti que Peque marcou para selar o 5-4 definitivo.
Ficha técnica:
Burela Pescados Rubén: Jozi, Maite, Peque, Claudia, Bea Mateos –cinco inicial- Lara, Lidia, Cris.
Ponte Ourense: Vane, Dryca, Marta, Laura, Souza –cinco inicial- Rosángela, Jessy, Anita.
Goles: 0-1, m.2, Souza; 1-1, m.13, Peque; 1-2, m.20, Anita; 2-2, m.23, Maite; 3-2, m.26, Lara; 3-3, m. 33, Souza; 3-4, m. 34, Souza; 4-4, m. 36, Lara; 5-4, m.40, Peque (pen.).
Árbitros: Darriba Villamor, Castro Bermúdez.
Incidencias: Encontro disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 700 espectadore.
Décima xornada da Primeira División.
*Foto: A Caixa Escura Produccións.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
