O pasado sábado 30 de novembro, no local do lavadoiro da rúa dos Fornos tivo lugar a asamblea extraordinaria da AVV O Tesón. A asociación veciñal ten por costume, dende a súa fundación no 2004, facer dúas asambleas anuais, unha ordinaria, no primeiro semestre do ano, e outra extraordinaria, para manter mellor informados ós socios, no segundo.
Neste caso, a orde do día era:
1.Lectura e aprobación se procede, da acta anterior
2.Memoria de actividades e balance económico do ano ata o presente
3.Próximas actividades e previsións de ingresos e gastos
4.Rogos e preguntas
A asamblea celebrouse nun ambiente festivo, como consecuencia da recento nova de que un proxecto senlleiro para Ribadeo e no que a asociación está implicada dende o comezo, a realización dunha residencia de maiores, vaia por bo camiño. A actualidade e os pasos dados ata o momento foron resumidos por José Mª Rodríguez, presidente da comisión veciñal encargada de promovela.
En canto ó balance económico, non se aparta do previsto para o conxunto do ano, e inclúe a venda do cartafol de Cartas da ría de Ribadeo e a venda de lotería que se está a realizar.
Na asamblea deuse información sobre o seguemento de diversas outras actividades, entre elas, aquelas xuntanzas de diversas institucións ou entidades nas que participa a asociación, da comisión en prol da sanidade pública na Mariña ó Consello da Muller de Ribadeo. Asemade, deuse nova dalgunhas das contestacións dadas polo alcalde nos plenos ás pregutnas de O Tesón, como as dúas últimas, sobre o paradeiro do canón lanzacabos e a reposición das vidrieiras do cemiterio. A lembrar que a asociación foi pioneira en Ribadeo, insistindo primeiro na participación cidadá e logo, comousuaria desa participación. No mesmo sentido, remarcouse que seguimos sen ter regulamento de participación cidadá, e tentando dende hai xa media década e de diversos xeitos que Ribadeo dispoña dun regulamento efectivo de participación dos ribadenses nas cousas do pobo.
Tamén en relación co concello, indicouse que polo momento non se reactivou a mesa de asociacións, así como que seguimos sen sé -coas dificultades que implica na relación cos socios- despois da esperanza que se nos dera a comezos de ano para conseguila.
Comentáronse outros temas como a publicación do cartaz de cartas da ría de Ribadeo ou que despois duns inicios prometedores, as contestacións sobre o retorno do xulgado a Ribadeo esteñan totalmente apradas.
En canto a actividades sociais, comentouse a viaxe a Coaña, Navia e Porto de Vega, que resultou unha interesante actividade na que se levou un bus e se tivo contacto coa asociación ‘Casa Azul’ de Navia.
Outro tema tratado foi o éxito do ciclo ‘Crise, economía e falsos dogmas’, mantido durante o mes de outubro e que resultou un estupendo foro de formación dos asistentes e de intercambio de ideas.
Máis adiante prantexouse a variación na cota de asociado, decidindo que un ano máis, a cota sigan a ser os 10 € que se dispuxeron no ano da fundación da asociación, o xa lonxano 2004, mitigando así no posible o impacto da crise nos asociados.
De cara ó próximo ano, sen concretar aínda, están previsto unha viaxe social, posiblemente a realización dun recorrido por parte dos castros de Ribadeo tratados no libro de José Mª Rodríguez, e unha actividade culturas, que poderían ser charlas sobre a visión de Ribadeo a súa historia e aspectos concretos, a cargo de figuras particulares coñecedoras de Ribadeo, residentes ou non.
Ó concluír a asamblea deuse aviso de que como en veces anteriores, a acta provisional estaría colgada no blog de O Tesón, http://o-teson.blogspot.com.es.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



