A Mariña, 3 de setembro, 2026. Educando en Familia inicia este mes de setembro un novo curso, dando continuidade ao seu labor de acompañamento ás familias e incorporando como principal novidade un Servizo de Acompañamento Psicopedagóxico ás Familias, que permitirá ofrecer unha atención máis individualizada e especializada.
As profesionais desta entidade contan con máis de 30 anos de traxectoria traballando xunto ás familias, especialmente durante os primeiros anos de vida das crianzas. O programa está presente en diferentes concellos da Mariña e da Terra Chá e desenvolve boa parte da súa actividade en centros educativos, ofrecendo ás familias espazos de orientación, prevención, formación e acompañamento de maneira totalmente gratuíta.
Un novo servizo para detectar, orientar e acompañar
O novo Servizo de Acompañamento Psicopedagóxico nace como resposta á necesidade de ofrecer unha atención máis específica cando xorden dúbidas ou sinais de alerta relacionados co desenvolvemento, a aprendizaxe, a adaptación escolar ou o benestar emocional das crianzas.
A través deste recurso, as familias poderán recibir atención individualizada para a detección temperá de posibles dificultades, valoración e orientación psicopedagóxica, así como asesoramento ante necesidades específicas de apoio educativo, como dificultades da linguaxe ou da aprendizaxe, TEA, TDAH, altas capacidades ou outras situacións que poidan aparecer ao longo do desenvolvemento.
O servizo tamén ofrecerá orientación sobre as estratexias e recursos máis axeitados en cada caso e, cando sexa necesario, facilitará a coordinación cos centros educativos e con outros profesionais e servizos, favorecendo unha intervención o máis temperá e integral posible.
A incorporación deste novo recurso pretende complementar o traballo que Educando en Familia xa vén realizando, mantendo a súa filosofía de proximidade, prevención e apoio ás familias.
Un recurso próximo e gratuíto para as familias
Desde Educando en Familia quérese aproveitar o inicio do curso para lembrar ás familias da comarca que o programa constitúe un recurso gratuíto e próximo, ao que poden acudir non só cando existe unha dificultade, senón tamén para recibir orientación e acompañamento nas diferentes etapas da crianza.
O novo curso comezará o 9 de setembro, retomando progresivamente a actividade nos diferentes centros e localidades nos que está presente o programa.
Con esta nova incorporación, Educando en Familia continúa avanzando no seu compromiso de ofrecer ás familias recursos que contribúan á prevención, á detección temperá e ao benestar e desenvolvemento integral da infancia.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



