A Secretaría de Estado de Seguridad pon en marcha a Campaña “Mi casa a salvo en Navidad” de prevención contra o roubo en vivendas co obxectivo de concienciar ós cidadáns fronte a este tipo de delictos e insistir na importancia da colaboración cidadá que, xunto ó labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, contribúe a mellorar a seguridade dos seus fogares durante estes días de celebracións.
Trátase dunha acción englobada na Campaña “Mi casa a salvo”, que presentou o secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, o pasado mes de xuño. “Lanzamos hoy una campaña innovadora por el formato y por el medio (…) hemos considerado que es importante hacer una campaña de difusión de consejos prácticos encaminados a que los ciudadanos sean partícipes, sean cómplices de la prevención en algo que les afecta tan directamente como es el robo en sus viviendas”, subliñaba Martínez ao comezo do pasado verán.
A acción “Mi casa a salvo en Navidad”, que arranca hoxe e finalizará o vindeiro 9 de xaneiro, enmárcase dentro do labor preventivo que realiza a Secretaría de Estado de Seguridade a través do Corpo Nacional de Policía e a Guardia Civil, e xira arredor dun vídeo no que, ó tempo que se lle felicitan as festas ós cidadáns, se lles recorda que a prevención, eixe principal da Campaña, continúa vixente en calquera período do ano en que, por razóns festivas ou doutro tipo, deixamos as nosas vivendas baleiras.
As redes sociais como principal medio difusor
As canles de difusión de “Mi casa a salvo en Navidad” serán os mesmos que se crearon para a Campaña. Redeseñouse a súa imaxe para incluír motivos navideños nos seus fondos e avatares.
A principal novidade con respecto á campaña de verán será a interactividade con aqueles usuarios que plantexen dúbidas sobre a seguridade das súas vivendas. Neste sentido, dende os perfís da campaña en Twitter e Facebook, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado responderán a aqueles cidadáns que, a través do hashtag #MiCasaAsalvo, formulen preguntas sobre as medidas concretas que deben adoptar nos seus fogares para mantelos a salvo.
O vídeo de “Mi casa a salvo en Navidad”, dispoñible tamén en versión subtitulada, está asociado ó microsite www.micasaasalvo.es, no que se amplían e desenvolven as medidas preventivas que o cidadán debe adoptar para preservar a seguridade da súa casa. Ademais, a web ofrece a sección “El consejo del día”, onde o contido da Campaña se converte en sinxelas ilustracións con mensaxes divertidos, así como un timeline cos comentarios máis destacados dos cidadáns a través das redes sociais.
A acción conta tamén con perfís en Twitter (@MiCasaAsalvo) e en Facebook que difundirán diariamente as medidas de prevención a través do hashtag #MiCasaAsalvo. Así mesmo, os mellores consellos que os cidadáns aporten nas redes sociais usando o hashtag da Campaña serán ilustrados e se publicarán na sección “El consejo de la semana”.
A estratexia viral escollida para dar difusión a “Mi casa a salvo en Navidad” pon de manifesto “la apuesta de la Secretaría de Estado de Seguridad por las nuevas tecnologías, así como por una comunicación cada vez más próxima a los ciudadanos”, tal e como subrayaba o secretario de Estado de Seguridad na presentación da Campaña o pasado mes de xuño. Levando a mensaxe ó entorno 2.0 preténdese “alcanzar la mayor difusión posible y lograr la máxima eficacia de la Campaña”, sinalaba Martínez.
Dez sinxelos consellos para manter a túa casa a salvo
As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado elaboraron conxuntamente un listado de sinxelos consellos partindo dos tres supostos cos que se pode encontrar o cidadán: cando éste abandona temporalmente o seu domicilio, medidas de precaución ó encontrarse na vivenda e recomendacións en caso de roubo.
Decálogo de recomendacións para estas vacacións:
1. Se vas a estar fóra uns días: portas e ventás pechadas.
2. Que a túa vivenda pareza habitada é o mellor método disuasorio.
3. Pide a un veciño que recolla o teu correo e se vives fóra do casco urbán, reforza a vixilancia.
4. Se deixas obxectos ou documentos de valor, gárdaos nun lugar seguro.
5. Evita comentar os teus plans de vacacións con descoécidos ou nas redes sociais.
6. Abrir a túa porta ou o portal a descoñecidos compromete a túa seguridade e a dos teus veciños.
7. Se atopas a porta da túa casa aberta ou unha ventana rota, non entres. Chama dende fóra á Policía (091) ou á Guardia Civil (062).
8. A colaboración cidadá anónima contribúe á seguridade de todos.
9. Para os ladróns, todos os ollos son cámaras de seguridade. Se ves algo extraño, da aviso.
10. E recorda, se un ladrón entra na túa casa, nunca lle fagas fronte. Sal e chama a quen poida axudarche.
Resultados de la campaña de verano
A campaña “Mi casa a salvo”, cuxo período de actividade comezou o pasado 25 de xuño e finalizou o 31 de agosto, obtivo moi bos resultados a pesar da súa estacionalidade. As cifras de participación, contido compartido, e comentarios e consellos aportados polos cidadáns, reflexan que a iniciativa foi un éxito.
O vídeo de “Mi casa a salvo” logrou máis de 50.000 descargas durante os meses de verán, e a páxina web da Campaña recibiu máis de 8.000 visitas. En canto ó ámbito 2.0, a rede social Twitter foi a gran dinamizadora dos contidos de “Mi casa a salvo”. O perfil da Campaña na rede de microblogging conta con case 800 seguidores, unha “comunidad” que durante a temporada estival compartiu activamente os consellos que se lanzaron desde @MiCasaAsalvo, sendo as ilustracións o contido máis viralizado.
Pola súa parte, o perfil da Campaña en Facebook conta con 600 fans. Ó igual que ocurriu no perfil en Twitter, o tipo de publicacións que contaron cun maior impacto e interacción nos usuarios foron os consellos ilustrados.