A Peña Barcelonista San Miguel, celebra a tradicional cea de Nadal o vindeiro sábado 14 de decembro. Os participantes, reuniranse no restaurante Oliñas do Mar, en Benquerencia, a partir das 20 horas para ver por tv o partido de fútbol Barça – Villareal. Ó remate do mesmo celebrarase a cea. O menú consiste en parrillada de carne con patacas Marisol e ensalada, sobremesa, café e chupiño. O prezo será de 15 € para adultos e 10 € para nenos. Poden participar os afeccionados que o desexen, non sendo necesario ser socio da peña. O prazo para apuntarse remata o día 12. Os interesados, deberán chamar ó teléfono: 625 821 044. Así mesmo, a peña aproveita a ocasión para desexar a todos os afeccionados barcelonistas un bo Nadal e un próspero ano 2014.
Cea da Peña Barcelonista San Miguel
Cea da Peña Barcelonista San Miguel
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia