Contos vellos, novos finais, así se titulou o contacontos que tivo lugar este domingo en Burela na Praza de Abastos e ao que asistiron unha vintena de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 9 anos. A actividade enmarcouse dentro das organizadas pola Concellería de Igualdade para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Caxoto Contacontos foi o encargado de entreter aos asistentes.
Contacontos en Burela