O vindeiro domingo, 8 de decembro, seguirán en Burela os actos de conmemoración do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. A partires das 17:30 horas na antiga praza de abastos terá lugar o contacontos Contos vellos, novos finais a cargo de Caxoto Contacontos. A actividade está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 9 anos. Desde a Concellería de Igualdade convidan “a todos os nenos e nenas de Burela a non perder esta cita o vindeiro domingo. A loita contra a violencia de xénero debe comezar pola educación e polos máis pequenos e pequenas da casa”.
Contacontos na Praza de Abastos de Burela
Contacontos na Praza de Abastos de Burela
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia