O pentatleta internacional mariñán, Cristóbal Rodríguez, actual Campión de España e Plusmarquista Nacional de Pentatlon Moderno, pecha unha magnífica temporada co Subcampionato na Copa do Rei de Esgrima 2013 co seu club, o Sala de Armas Montjuic.
A medalla de ouro foi para o Sala de Armas Madrid cun axustado tanteo de 126 puntos sobre 113 puntos que lle daban a Medalla de prata ao equipo do SAM, ao que pertence Rodríguez, e o bronce quedaba para o Club Esgrima Madrid que obtiña 92 puntos.
Rodríguez, tirador titular do potente “SAM” e que compite na categoría Reina, proclamouse tamén este ano que finaliza Campión Universitario de Esgrima á Espada, Campión da Liga Catalana, obtivo para o SAM a medalla de prata no campionato de Cataluña Elite de equipos e a medalla de bronce por equipos no campionato de España elite en Madrid.
Rodríguez, que o ano pasado gañara a Copa, móstrase contento co resultado, porque comenta o deportista que “o nivel de tiradores é moi alto e somos moitos equipos na competición”.
O pentatleta galego aproveita o peche de tempada para dar as grazas publicamente a todas as persoas e organismos que o están apoiando.