A instalación artística P-Arte luz foi inaugurada o sábado na Casa da Cultura de Ferreira polo responsábel municipal de Cultura, Marco Uría que tamén presentou aos artífices do proxecto: Carlos Cornide “Belga”, Ana Kala e Lionel Rexes. Os artistas explicaron que a instalación pretende empregar a luz como pretexto para chegar á arte, ou cando menos artellar unha mestura de diferentes disciplinas que os artelladores cultivan, fotografía, vídeo, narrativa, plástica, deseño… para convidar a unha reflexión crítica, filosófica, social ou mesmo antropolóxica. Concluíron afirmando que P-Arte luz é unha proposta que realmente é o que o visitante desexe que sexa, xa que está aberta a múltiples interpretacións. Poderase visitar até o 4 de xaneiro na Casa da Cultura “Manuel Lourenzo”, do Valadouro.






















Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



