A sociedade demanda tempos de cambio no concernente ó ámbito político, de cara a que a política sexa a que esté na sociedade e arranxe os seus problemas, pero a raíz diso hai que trocar a forma de traballar, estando a pé de rúa e transmitíndolle ós cidadáns a enerxía de que outra forma de facer as cousas é posible. Pois ben, o primeiro alento de ilusión ven da man do novo Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, un líder que ten un proxecto político e que é capaz de chegar a todas as sensibilidades da cidadanía, pero todo bo proxecto debe ser colectivo e ahí, onde collen relevancia no ámbito provincial González Santín ou Carlos Ferreiro.
Unha nova óptica social é a que nos debe levar a traballar en todas e cada unha das agrupacións, en todos e cada un dos concellos, berces da nosa sociedade, para sermos unha realidade de goberno de cara as eleccións municipais. Asimesmo, certo é que é o momento de que novas caras contaxien a súa ilusión ó pobo e que xuntos, da man, a xente con máis experiencia e con xuventude e ilusión, protagonicen un novo concepto do socialismo.
Na Mariña, na que teño a fortuna de estar a miúdo e onde disfruto cos compañeiros e compañeiras de partido, hai potencial, xuventude, ilusión e compromiso, como a que irradia a coordinadora comarcal Mayra García, para pilotar a nave dun bo número de concellos, á vez que reivindicar o propio, como o texido económico ou os servizos básicos, en ámbitos fundamentais como a educación ou a sanidade. Desta forma, é o momento de darmos como colectivo un paso adiante e de estar en todos e cada un dos lugares que os nosos veciños, demandan.
Finalmente, acordarme do bo compañeiro e amigo Melchor Roel, un símbolo para todos aqueles socialistas e cidadáns de a pé, que defendemos uns ideais e loitamos con gañas e con ilusión por cambiar a nosa sociedade. Melchor, ti eres un referente de loita e constancia, para defender os intereses dos teus e con esa enerxía imos a traballar, para sermos un referente de cambio social. DEP.
Jesús Vázquez Tallón.
Coordinador provincial Xuventudes Socialistas.



















A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



