Foz, 27 de decembro de 2013. O goberno municipal de Foz seguirá traballando para instalar unha nova depuradora e sacar a actual EDAR do núcleo urbano. Así o manifestou hoxe o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, que mantén as portas abertas ao diálogo cos grupos da oposición para chegar a un acordo neste asunto transcendental.
O rexedor municipal anunciou esta mañá que “o grupo de goberno do Concello de Foz non vai tirar a toalla, non vai desanimarse nun asunto tan transcendental e tan importante para Foz como é a depuradora. Nós seguimos abrindo as portas ao resto dos grupos para tratar de sacar a depuradora do núcleo urbano. É evidente que o único grupo que non quere quitala dese lugar, senón que quere ampliala, é Unifoz, co cal nós estamos totalmente en desacordo. Probablemente o partido que máis cerca estea hoxe en día de evitar que a depuradora siga no núcleo urbano de Foz é o Partido Socialista e nós seguimos abertos a discutir certas circunstancias. Estamos bastante cerca e o Partido Popular está facendo un esforzo importante, como xa se sabe, acércanse á opción de Forxán, que foi a que defendeu sempre o Partido Socialista. E estamos pendentes de que o grupo socialista nos faga as proposicións”.
Javier Castiñeira engadiu que “era un paso moi simple o que había que facer neste pleno, pero non se quixo dar. Era moi sinxelo: que os técnicos de Augas de Galicia precisamente fixesen unha valoración desa nova ubicación, que contemplasen tamén minimizar ao máximo o impacto medioambiental e incluso a posibilidade de soterrar esa depuradora, que se instalara ademais un emisario o suficientemente afastado da costa para que non afectara á calidade das augas do litoral focense e que se suprimira a EDAR de Foz. Creo que nos catro puntos estamos completamente de acordo e evidentemente despois calquera tipo de discriminación positiva para Forxán pode ser viable pero non podemos precipitarnos. Calquera valoración do proxecto tamén será viable pero tampouco debemos precipitarnos ata que os técnicos de Augas de Galicia nos certifiquen que efectivamente esa opción é posible e polo menos tratar de dar un paso. Non vamos pechar as portas nin nos vamos a desanimar, porque sabemos que gobernar en minoría é facelo con dificultades. Estámolo intentando de todos os modos posibles”.
O alcalde focense comentou ademais que na sesión da corporación municipal de onte o portavoz de Unifoz, Jaime Cancio, “quedou en evidencia cando mostramos a acta dun pleno celebrado en abril do 2009 no que, como portavoz do grupo socialista, pedía o voto favorable para quitar a EDAR de Foz e poñela en Forxán. E onte fixo totalmente o contrario. Chámanos a atención este cambio de opinión e parécenos incoherente”.
Por outra parte, Castiñeira explicou que no pleno de onte “tamén se debateu o concurso para o servizo de axuda á dependencia e foi aprobado cos votos a favor do grupo socialista. É un paso adiante e un exemplo de que se pode chegar a acordos; e animo ao grupo socialista a non tirar a toalla tampouco, igual que vai facer o Partido Popular, e tratar de acercarse o máximo posible”.
O rexedor municipal focense rematou manifestando que “os veciños de Foz merecen unha corporación responsable e creo que así o estamos facendo, polo menos desde o noso grupo, e dende logo así seguiremos mentres esteamos no goberno”.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



