Un grupo de amigos da parroquia de Alaxe, no Valadouro, en colaboración coa comunidade de relixiosas “Virxe das Dores” (da antiga Escola Fogar de Alaxe) programa un acto cultural para o vindeiro domingo, día 22 de decembro, ás 19 horas. O acto terá lugar no antigo Colexio das Monxas de Alaxe e consistirá na proxección da última película rodada no Instituto Alfoz-Valadouro, a titulada “Pasado e Futuro”, seguida da estrea do novo espectáculo do trío humorístico “Trípode”, titulado “Xuízo anticorrupción”.
Proxección de ‘Pasado e Futuro’ en Alaxe
Proxección de ‘Pasado e Futuro’ en Alaxe
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia