Lugo, 31 de decembro de 2013.- Os populares votaron en contra da aprobación definitiva duns orzamentos elaborados polo PSOE e o BNG, que segundo puxo de manifesto a voceira do PP na Deputación de Lugo no transcurso da sesión plenaria, veñen a consagrar á administración lucense como a “dos recortes, do partidismo e da desatención de competencias”.
Os populares reproban que o equipo de goberno da Deputación Provincial de Lugo coa aprobación destes orzamentos continúen a poñer en perigo o Servizo de Axuda no Fogar na provincia, ao que destinan menos que á propaganda; ou recollan o peor Plan de Obras e Servizos de toda Galicia, cuxo investimento noutras administracións é superado por dez.
Os recortes recollidos nas contas para o 2014 rexístranse en partidas tan importantes como a de investimentos reais que sufre unha redución do 21% ou a de transferencias de capital a concellos que se ve diminuída nun 53%.
Uns datos que segundo a popular veñen a poñer de manifesto o afogo ao que a Deputación Provincial de Lugo está a someter aos municipios da provincia e, especialmente, a aqueles gobernados polo Partido Popular que en Xunta de Goberno do ano 2014 non lles foi aprobada a concesión de ningunha subvención excepcional.
Ante esta situación os populares presentaron reclamacións aos orzamentos tanto para o incremento da dotación destinada ao SAF como para que se asuman as competencias cos municipios, que dende a Deputación Provincial de Lugo rexeitaron.
Un PES partidista e impreciso
Os populares abstiveron á hora de aprobar o Plan Estratéxico de Subvencións para o 2014, por consideralo “impreciso e partidista”. Neste senso, Elena Candia explicou que o 48% das subvencións non tiñan un procedemento de concesión definido e que por exemplo na área de presidencia, só no 1,6% do total está claramente definido o seu procedemento a través do procedemento de concorrencia.
A voceira tamén rexeitou que dos 249.500 euros destinados a subvencións nominativas, os concellos gobernados polo Partido Popular (43 dos 67 da provincia) só reciban 40.000 euros. “Unha mostra clara do sectarismo da Deputación Provincial de Lugo”, matizou.
Polo tanto, a popular durante a súa argumentación desbotou principios recollidos no PES como os de igualdade ou obxectividade, cando o 80% das nominativas son para o PSOE e o BNG e existen reparos de intervención á hora de conceder subvencións polo procedemento de excepcionalidade.
O PSOE e o BNG néganse a procesos transparentes
O equipo de goberno da Deputación Provincial de Lugo votou en contra dunha iniciativa dos populares na que se solicitaba a creación duns criterios obxectivos e coñecidos á hora de conceder o uso dos equipos do parque móbil aos municipios.
A popular lamentou que o PSOE e o BNG se neguen a facer transparente este proceso co obxecto de evitar calquera tipo de práctica partidista.
Os populares avogan por un concenso
No transcurso da sesión plenaria, os populares tamén avogaron por que o anteproxecto de Lei Orgánica para a Protección da Vida do Concibido e dos dereitos da Muller chegue a posturas máis próximas durante o seu debate nas cortes, co obxecto de que sexa aprobada co máximo consenso.
Neste senso os populares rexistraron unha enmenda que foi rexeitada polo equipo de goberno, na que explicaban que o contido do anteproxecto, que está en fase inicial e fáltalle a tramitación parlamentaria, pode sufrir modificacións e polo tanto e ante un asunto de enorme complexidade política, xurídica e moral “sería bo ter unha lexislación apoiada maioritariamente polas Cortes”, de aí que o PP propuxera que a Deputación ínstase a que se apunten posibles acordos na súa redacción co obxecto de ter unha lei con maior consenso.


















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



