A UNED-Aula Universitaria de Foz ofrece un taller onde se desenvolven habilidades para: mellorar a calidade de vida persoal e profesional; adquirir habilidades para unha comunicación máis eficaz; aprender a xestionar os estados internos para alcanzar os propios obxectivos e entender o funcionamento da mente e dos seus procesos internos. Este taller PNL (Programación Neurolingüística) desenvolverase o 31 de xaneiro de 16:30 a 20:30 horas impartido por Pilar Pérez, experta en coaching internacional, practitioner en Pnl e Máster Practitioner en Pnl. Más información na UNED-Aula Universitaria de Foz, teléfono 982 133 699 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.
Taller de PNL na aula universitaria de Foz
Taller de PNL na aula universitaria de Foz
Relacionado
-
Este martes tivo lugar o acto de izado da Bandeira Azul no inicio da Senda da Costa Naviega,
-
Guía tu día fará unha nova visita guiada en Burela coincidindo coas Festas Patronais o sábado 31 de maio
-
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, fixo entrega dos agasallos ás rapazas e rapaces gañadores do Certame de Narración, Poesía e Debuxo Letras Galegas 2025 na súa fase local