A Asociación Cultural Irmandade Santo Estevo ven de presentar un proxecto de solicitude no Concello de Barreiros para a tramitación de declaración de ENIL (Espazo Natural de Interés Local) a Fraga do Santo Estevo do Ermo e o Monte Penabor, en Barreiros. O estudio presentado é o froito de meses de traballo de campo da Irmandade Santo Estevo en colaboración coa consultoría ambiental EREBIA, onde se recollen os valores naturais do espazo proposto e o grande interés en que sexa tratada con urxencia a súa tramitación para a catalogación como espazo protexido. A superficie a protexer proposta no proxecto afectaría a máis de 100 Ha. de fraga, monte, bosque aluvial, breixeiras e matogueiras, dende a desembocadura do Río do Santo Estevo, no Pozo Mouro ata o Monte Penabor, abarcando a súa máxima extensión na Fraga do Santo Estevo, protexendo deste xeito un ecosistema no límite da súa vulnerabilidade, así como unha serie de xacementos arqueolóxicos recentemente inventariados polo Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e outros que se atopan en trámite.
O documento, que consta de 30 folios recolle unha relación de Hábitats Protexidos, así como un número importante de especies de flora e fauna incluidos na Directiva de Hábitas da CEE e no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, moitos deles nun estado de conservación vulnerable ou en perigo de extinción.
Dende a Irmandade Santo Estevo celebran o apoio do equipo de goberno do PP barreirense e dos partidos da oposición á moción presentada polo BNG con carácter urxente no pleno municipal celebrado o pasado luns, que trataba sobre a protección desta zona. Ao mesmo tempo, ofrécenlle a súa colaboración ao Concello de Barreiros para redactar o proxecto definitivo que finalmente deberá ser presentado á Xunta de Galicia. O Santo Estevo do Ermo e o Monte Penabor sería o primeiro espazo da provincia de Lugo protexido baixo a figura de ENIL.
Deste xeito, os membros da Irmandade Santo Estevo móstranse moi satisfeitos porque estase levando a cabo un dos principiais obxectivos que se recollen nos estatutos da asociación que é o “poñer en práctica tódolos medios de protección da flora e fauna autóctonas e para a conservación da natureza e do medio ambiente”, como recorda Ramón J. Becerra, voceiro da Irmandade.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



