O Observatorio da Mariña pola Igualdade manifesta a súa condena aos asasinatos de dúas mulleres que tiveron lugar onte en Cervo, froito da violencia machista que afecta á nosa sociedade.
Desde a asociación feminista convócase a todas as mariñás e mariñáns a unha concentración o xoves 16 na Praza dos Campos (antiga Plazoleta) de San Cibrao, que comezará ás 8 da tarde e concluirá coa lectura dun manifesto. Amais de enviarlle todo o seu apoio á familia e amizadas das dúas mulleres, o Observatorio fará un chamamento á sociedade da Mariña para que se posicione frontalmente en contra de todas as manifestacións da discriminación machista, das cales os feminicidios (ou asasinatos de mulleres) constitúen o exemplo máis extremo.
“O feito de que esta traxedia sacuda agora a nosa comarca é terríbel, pero non debe facernos esquecer que a violencia machista é desgraciadamente un fenómeno global, e que cada día se producen asasinatos de mulleres en todo o planeta, simplemente polo feito de seren mulleres. A repulsa e condena debe estenderse a escala planetaria”, afirma Luísa González, presidenta do colectivo feminista e experta en políticas de xénero. Canto ás causas destes asasinatos, González sostén que só pode explicarse como consecuencia última dunha discriminación de xénero “que hai que poder atallar moito antes de que teña desenlaces fatais”. Neste sentido, desde o Observatorio pola Igualdade esixen máis medios para loitar contra esta lacra social: “Nos últimos anos estamos vendo como se recortan os recursos persoais e materiais para loitar contra a discriminación en xeral, e contra a violencia machista en particular. Redúcense as contías nos orzamentos, elimínanse as prestacións económicas para que as vítimas de violencia poidan refacer a súa vida, cada vez dótanse de menos medios materiais e humanos as casas de acollida ou centros de información ás mulleres, diminúense os medios para a formación en materia de xénero por parte de profesionais nos ámbitos xurídicos, sanitario, forzas e corpos das seguridade do estado e educativo”, explica González. O colectivo mariñao lembra que a solución contra a violencia machista está na educación, e mais concretamente fomentando valores coeducativos e de educación en igualdade.
Desde o Observatorio reivindican que a loita contra os feminicidios que acontecen na nosa contorna sexa un asunto prioritario tanto no gobernos locais e autonómico, como no estatal. A última muller asasinada como consecuencia da violencia machista no ano 2013 residía no Concello pontevedrés de Marín, á que se suman agora as dúas vítimas de Cervo.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



