LUGO, 22 DE XANEIRO.- Os secretarios provincial e de Medio Rural, Juan Carlos González Santín e Horacio Rouco, respectivamente, presentaron este mércores a xornada informativa “O futuro de Lugo na Política Agraria Común 2014-2020”, organizada polo Partido Socialista co obxectivo dar resposta ás múltiples dúbidas que teñen os gandeiros e produtores lucenses sobre o forte impacto que suporá a entrada en vigor da reforma na provincia. Para elo, o encontro, que se desenvolverá este venres -24 de xaneiro-, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Becerreá, contará con dous expertos na materia, debido á súa condición de deputados no Parlamento europeo. Trátase do galego Antolín Sánchez Presedo, que integra a Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios da eurocámara, e da bilbaína Iratxe García Pérez, que compón a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural.
Deste xeito, as xestións realizadas pola executiva do PSOE foron decisivas para que estes dous políticos que, ademais de ter un recoñecido prestixio a nivel nacional e europeo, destacan por estar especializados no tema que centra o encontro, se dén cita ese día no municipio da Montaña; zona que se atopan boa parte dos perceptores das axudas concedidas pola UE.
A este respecto, os socialistas subliñaron que a finalidade do simposio é “estreitar lazos e achegar posturas cos gandeiros e produtores da provincia, así como deseñar un plan de actuación conxunto, pois o que non podemos permitir é este xeito irracional de recibir subvencións”. En Lugo, son 15.500 os beneficiarios. Representan o 37,53% de toda Galicia, e reciben o 48% das axudas directas da Comunidade.
“Perderase unha oportunidade para lexitimar a quen vive do campo”
A nova PAC contará con menos Orzamento que a anterior. Só na partida de Desenvolvemento Rural a diminución presupostaria é do 8%. Así mesmo, segundo indicaron os dous secretarios da executiva provincial, ó priorizar o reparto en función da superficie, “perderase unha oportunidade importante para lexitimar a quen realmente traballa no campo”; o que provocará, engaden, que “os máximos perceptores das axudas en Europa sigan sendo grandes terratenientes como o Príncipe Carlos de Inglaterra e, en España, a duquesa de Alba ou Mario Conde. De aí, a necesidade de establecer uns mecanismos correctores que impidan estes efectos”.
Así mesmo, os socialistas consideran que favorece o desequilibrio na concesión das axudas, pois é o Goberno Central, de común acordo coas Comunidades, o que decidirá quen pode cobrar as axudas. “Establece un suelo con límite de axudas por abaixo, pero non un teito con límite de axudas por arriba. É dicir, prima os equilibrios administrativos, territoriais e sectoriais fronte á realidade das explotacións, e dos gandeiros. Conclusión hai agricultores e gandeiros ós que Cañete lles vai dar un bo pao e a outros suculentos ingresos”, afirmaron.
Neste senso, o secretario de Medio Rural destacou que “o que temos é que garantir o futuro das explotacións agrícolas e gandeiras na provincia de Lugo. O Parlamento europeo lexisla, por primeira vez, sobre a PAC, o que significa que está nas súas mans o futuro de millóns de persoas que viven e traballan no campo, e que aseguran uns alimentos de calidade. Por iso, o importante é delimitar o número de hectáreas, que se fortalezan as organizacións de produtores e a coordinación das autoridades nacionais de competencia para que o trato sexa igualitario a todos e, así, frear o despoboamento da provincia”.
As administracións, engadiu Rouco, “aínda pensan que as persoas do campo son cidadáns de segunda, ou sexa, xente con obrigas, pero sen dereitos. E indo máis alá, que é xente que están condenadas á emigración. Por iso, dende o Partido Socialista esiximos que o Presidente da Xunta presione ó Goberno do Estado para que estas vicisitudes que ten a nosa Comunidade e a nosa provincia sexan recollidas na futura PAC”.
“Deseñada de costas ó sector”
Neste senso, os socialistas incidiron en que a nova Política Agraria Común está “deseñada de costas ó sector agrogandeiro”, xa que, de seguirse o criterio aprobado en Europa, e co que o Executivo de Rajoy pretende seguir adiante, Galicia e, concretamente, a provincia de lugo, veranse gravemente perxudicadas. Proba delo, aseguran, é que aínda non se concretaron as medidas compensatorias para os gandeiros que fixeron grandes investimentos na compra de cota láctea, xa que, a partir de 2015, coa desregularización do mercado do leite, os dereitos de produción adquiridos “van quedar en nada”.
O sector agrario perderá renda, afiliacións e dinamismo
Con este novo reparto, indicou González Santín, o sector agrario seguirá perdendo renda, afiliados á Seguridade Social e dinamismo. A este respecto, explicou que, en 2013, o sector primario galego perdeu uns 2.000 empregos, “a terceira parte dos postos de traballo de Citroën”. Só na provincia de Lugo, foron 700. Isto supuxo unha diminución do 4,71% con respecto ó ano anterior. Na actualidade, constan como afiliadas á Seguridade Social neste reximen 13.785 persoas, é dicir, o 40% dos traballadores agrarios de Galicia, tal e como se poder ver nos seguintes cadros:
| Decembro 2012 | Decembro 2013 | |||||
| S.E.Agrario | S.E.T.A. | Total | S.E.Agrario | S.E.T.A. | Total | |
| A Coruña | 1.568,82 | 11.699,94 | 13.268,76 | 1.445,77 | 11.173,22 | 12.618,99 |
| Lugo | 1.491,29 | 12.975,23 | 14.466,52 | 1.405,22 | 12.379,83 | 13.785,05 |
| Ourense | 307,29 | 2.625,52 | 2.932,81 | 225,44 | 2.445,33 | 2.670,77 |
| Pontevedra | 1.111,29 | 4.671,82 | 5.783,11 | 1.003,38 | 4.428,72 | 5.432,10 |
| GALICIA | 4.478,69 | 31.972,51 | 36.451,20 | 4.079,81 | 30.427,10 | 34.506,91 |
| ESPAÑA | 817.839,88 | 196.975,41 | 1.014.815,29 | 790.413,55 | 194.788,83 | 985.202,38 |
| G/E | 0,55% | 16,23% | 3,59% | 0,52% | 15,62% | 3,50% |
| L/G | 33,30% | 40,58% | 39,69% | 34,44% | 40,69% | 39,95% |
Fonte: Seguridade Social. Afiliados medios mes por CC.AA. e provincias segundo reximes. 2012 e 2013.
| Diferenza Decembro 2012 – Decembro 2013 | ||||||
| S.E.Agrario | S.E.T.A. | Total | S.E.Agrario | S.E.T.A. | Total | |
| A Coruña | -123,05 | -526,72 | -649,77 | -7,84% | -4,50% | -4,90% |
| Lugo | -86,07 | -595,40 | -681,47 | -5,77% | -4,59% | -4,71% |
| Ourense | -81,85 | -180,19 | -262,04 | -26,64% | -6,86% | -8,93% |
| Pontevedra | -107,91 | -243,10 | -351,01 | -9,71% | -5,20% | -6,07% |
| GALICIA | -398,88 | -1.545,41 | -1.944,29 | -8,91% | -4,83% | -5,33% |
| ESPAÑA | -27.426,33 | -2.186,58 | -29.612,91 | -3,35% | -1,11% | -2,92% |
| G/E | 1,45% | 70,68% | 6,57% | |||
| L/G | 21,58% | 38,53% | 35,05% | |||
Fonte: Seguridade Social
Descende o emprego e sube a morosidade
O recorte e a modificación das axudas suporá, ademais, un aumento da morosidade do sector nos próximos anos. En 2013 esta subiu un 50%, pasando do 8,55 ó 12,22% e, o crédito concedido, reduciuse de case 21.000 millóns de euros no último trimestre de 2012 a un 18.700 millóns no último do pasado exercicio, é dicir, baixou 2.121 millóns. A isto hai que sumarlle, indicou Santín, que os custos de produción nos últimos 5 anos aumentaron máis dun 20%.
| Crédito | Dubidosos | % Morosidade | ||||
| Trimestre | Total | Agrario | Total | Agrario | Total | Agrario |
| 3T 2012 | 886.961.881 | 20.851.964 | 146.865.872 | 1.783.207 | 16,56% | 8,55% |
| 4T 2012 | 799.610.108 | 20.216.724 | 128.414.656 | 1.853.392 | 16,06% | 9,17% |
| 1T 2013 | 762.449.466 | 19.137.716 | 122.051.552 | 2.141.358 | 16,01% | 11,19% |
| 2T 2013 | 730.764.776 | 18.973.662 | 131.768.392 | 2.231.122 | 18,03% | 11,76% |
| 3T 2013 | 713.773.471 | 18.730.674 | 141.620.656 | 2.401.143 | 19,84% | 12,82% |
| 3T12 / 3T 13 | -173.188.410 | -2.121.290 | -5.245.216 | 617.936 | 19,83% | 49,90% |
| -19,53% | -10,17% | -3,57% | 34,65% | 3,28% | 4,27% | |
Fonte: Banco de España




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



