Ribadeo, 16 de xaneiro de 2014. O restaurante San Miguel, de Ribadeo, comeza unha serie de propostas gastronómicas baixo a denominación xenérica de La Cocina Temática del Invierno, na que se incluirán varias xornadas. As son as dedicadas ao bacallau e á perdiz de tiro, que se inician este venres.
Dende este venres o restaurante San Miguel ofrecerá 12 preparacións de bacallao: croquetas, pementos de piquillo recheos de brandada de bacallao en salsa vizcaína, arroz meloso con bacallao e verduriñas, cazola de callos de bacallao, tortilla de bacalao e pementos, cocochas de bacalao con ameixas en salsa verde, lombo de bacalao á galega con grelos, bacalao á plancha con cebola confitada e, ademais, bacalao á riojana, á vizcaína, ao pil pil e ao forno con verduras e gambón.
Nas xornadas tamén se inclúen catro pratos elaborados con perdiz de tiro: á cazadora en niño de col verde, no seu xugo con setas e arroz caldoso, con fabas de Lourenzá e estofada con patacas panadeira.
Ademais o restaurante San Miguel propón un menú degustación con tres pratos de bacalao, un de perdiz, sobremesa caseira e bodega incluída cun prezo de 35 euros por persoa.
O xerente e cociñeiro do San Miguel, José Ramón Rodríguez, decidiu comezar La Cocina Temática del Invierno con estas xornadas porque “el bacalao y la perdiz de tiro son dos productos que gustan a mucha gente y es interesante ofrecerlos en diversas elaboraciones, todas ellas a precios muy asequibles”.
Ademais dos pratos destas xornadas o restaurante San Miguel ofrece a súa ampla e variada carta. A reserva de mesa pode facerse no propio establecemento, que está no porto deportivo de Ribadeo, ou chamando ao teléfono 982.129.717.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



