O pasado sábado foi presentada en San Miguel de Reinante a segunda obra do grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, “Oé, oé, oé”” con moi boa acollida. A peza, escrita polo asturiano Maxi Rodrígez, tenta levar á reflexión sobre a capacidade do espectáculo futbolístico para evadirnos, voluntaria ou involuntariamente, dos problemas reais da sociedade.
O Colectivo Cultural Ollomao programou un total de 9 actuacións ata o mes de xullo por distintas parroquias do concello barreirense coa finalidade de achegar a cultura e o teatro a todos os rincóns do concello. As funcións terán lugar en días da fin de semana, en distintos horarios, para aumentar as posibilidades de asistencia. A seguinte función está prevista para este domingo 19 de xaneiro, no local social de San Xusto de Cabarcos ás 5 da tarde.
Todas as funcións terán un prezo de 2€ de entrada por persoa, recaudación destinada a afrontar os gastos derivados da montaxe e infraestructuras do grupo de teatro.




















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



