A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, avanzou este luns que a institución adiantará este ano 29 millóns de euros a 56 Concellos lugueses pola recadación dos seus impostos. Pilar García Porto explicou que se tratan dos municipios sumados ó novo convenio do servizo recadación provincial, a través do cal se realiza este anticipo de xeito mensual, polo que o organismo provincial adiantará 2,5 millóns de euros ó mes.
García Porto remarcou que “ó igual que creamos a área de Cooperación e Asistencia ós Concellos, melloramos notablemente o servizo de recadación provincial, cun novo convenio que nos permite adiantar ós municipios os cartos pola recadación dos seus impostos e facelo, ademais, mes a mes. O convenio anterior do Partido Popular non permitía isto, e retiña ós Concellos o 6%, que nós rebaixamos ata o 3%, non cubrindo, nin tan sequera, os custes que supón esta prestación”.
“É dicir, con esta iniciativa os municipios aforren custes, xa que de non delegar a recadación deste servizo, os Concellos deberían dispor de persoal especializado e aplicacións informáticas, que custan entre 200.000 e ata 1 millóns de euros. Conseguimos, ademais, que as entidades locais obteñan novos recursos mes a mes e gañen liquidez”.
Precisamente, con estes mesmos obxectivos (obter recursos e gañar liquidez), a de Lugo é a Deputación de Galicia que máis rápido paga ós seu provedores, cunha media de 8 días, moi por debaixo do que fixa a Lei. “Melloramos os nosos servizos e investimentos, ó tempo que somos capaces de rebaixar a débeda en 11 millóns de euros no 2014, situándonos á cabeza dos organismos provinciais de España menos endebedados”, destacou a Deputada.
56 Concellos
Este ano, os 56 Concellos ós que a Deputación lles adianta mes a mes a recadación dos seus impostos son: As Nogais (a última e recente incorporación); Abadín, Antas de Ulla, Alfoz, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Carballedo, Castroverde, Castro de Rei, Cervantes, Cervo, Cospeito, O Courel, A Fonsagrada, Guntín, Guitiriz, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Ourol, Palas de Rei, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita, Pol, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Xermade e Xove.
Anticipo no 2013
As Nogais foi o último Concello en sumarse, recentemente, ó novo convenio. No 2013, foron 55 os municipios beneficiados desta iniciativa, ós que a Deputación lles adiantou máis de 25 millóns de euros, uns 2,2 millóns de euros ó mes.
Hai 6 Concellos sumados ó sistema de recadación provincial a través do anterior convenio do PP, polo que non reciben anticipos mensuais e non se lles rebaixa ó 3% a retención do recadado. Trátanse de Viveiro, O Incio, Outeiro de Rei, Friol, O Corgo e Burela.
Con estes municipios, son 62 os Concellos que teñen delegada na Deputación a recadación de impostos como o IBI, IAE, imposto de circulación, imposto de entrada de vehículos, taxas de lixo, auga, sumidoiros ou antenas parabólicas.
Á espera do peche do exercicio (hoxe é o último día para o pago do IBI), a previsión é que estes 62 municipios reciban 33 millóns de euros coa recadación dos seus impostos no 2013. Desta cantidade, a Deputación anticipou máis de 25 millóns de euros a 55 Concellos.
|
CONCELLOS |
TOTAL ANTICIPO/ANO (€) |
|
ALFOZ |
268.069,77 |
|
BARREIROS |
807.775,38 |
|
CERVO |
747.829,99 |
|
LOURENZÁ |
390.998,66 |
|
MONDOÑEDO |
628.356,87 |
|
OUROL |
427.554,28 |
|
A PONTENOVA |
332.341,18 |
|
RIBADEO |
1.742.066,40 |
|
RIOTORTO |
162.257,12 |
|
TRABADA |
146.492,58 |
|
VALADOURO |
571.393,72 |
|
O VICEDO |
541.226,43 |
|
XOVE |
830.465,92 |
|
TOTAL |
7.596.828,30 |






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



