Lugo, 19 de febreiro de 2014. Sorprende a ignorancia e falta de información do Partido Popular de Lugo sobre a Asociación Socio-pedagóxica Galega, un colectivo de referencia en Galicia, con máis de trinta anos de traxectoria profesional, adicados á realización de actividades formativas, educativas e de dinamización sociocultural por toda a Comunidade, grazas ó financiamento de Xunta, Deputacións e Concellos de todas as cores políticas, así como da propia Unión Europea. É caso do proxecto Historia da Literatura, financiado con fondos europeos.
Esta asociación colaborou xa co Goberno de Fraga na elaboración do Plan de Normalizacion Lingüística. De feito, dende hai décadas recibe financiamento da Xunta de Galicia, independentemente do seu Goberno. Por exemplo, dende 1995, figuran no DOGA partidas económicas, concedidas a este colectivo polo Executivo de Fraga, de ata 150.000 euros. No 2008, con Touriño, hai axudas de 11.000 euros; no 2009, con Feijóo, de 11.000 euros; no 2010, de 10.000 euros…, entre outras moitas. Na actualidade, a Xunta segue a colaborar con esta asociación. Por exemplo, mediante un proxecto de sensibilización de incendios forestais da Consellería de Medio Rural.
Tamén as Deputacións galegas traballan coa Asociación Socio-pedagóxica Galega dende hai anos. O Partido Popular debería saber que a Deputación de Lugo colabora con este colectivo polo menos dende 2004. É dicir, o Partido Popular xa subvencionaba este colectivo. Polo tanto, son totalmente incoherentes as críticas da voceira popular, unha mostra máis da súa total ignorancia.
Elena Candia debería preguntar a Núñez Feijóo ou a Diego Calvo, tendo en conta que recentemente o Pleno da Deputación da Coruña aprobou un convenio con este colectivo por valor de 25.000 euros, porque subvencionan esta asociación.
O PP tería que explicar se prefire entón que as administracións colaboren con outras actividades, como o ciclo de conferencias na Casa de Galicia coa participación de Carmen Lomana, que subvenciona a Xunta de Feijóo.
















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



