Santiago, 6 de febreiro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro quixo poñer en valor os preto de 110.000 euros que recibirán da Consellería do Medio Rural e do Mar as confrarías de pescadores da Mariña lucense para impulsar distintas iniciativas de xestión e conservación dos recursos mariños.
O parlamentario popular sinalou que estas son axudas que se corresponden coa anualidade 2013-2014 e que a Xunta outorga periodicamente ao obxecto de mellorar as condicións de vida e traballo dos profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro.
Entre os beneficiarios están as seguintes confrarías:
| Solicitante |
Proxecto |
Total concedido |
| Confraría de Pescadores de Burela |
Conservación |
14.520 |
| Confraría de Pescadores do Vicedo |
Xestión |
22.800 |
| Confraría de Pescadores do Vicedo |
Conservación |
14.520 |
| Confraría de Pescadores de San Ciprián |
Conservación |
14.520 |
| Confraría de Pescadores de Ribadeo |
Conservación |
29.040 |
| Confraría de Pescadores de Celeiro |
Conservación |
14.520 |
|
|
109.920€ |
PARTICIPACIÓN DO SECTOR
Balseiro explicou que os apoios recibidos están en función dos proxectos redactados e que presenta cada confraría e, neste senso, sinala a importancia que o Goberno galego dá á colaboración e á participación dos distintos pósitos na xestión dos intereses pesqueiros e na configuración da estratexia a desenvolver en cada un destes ámbitos.
VIXILANCIA E ASISTENCIAS TÉCNICAS
“Con estas axudas o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo busca promover a posta en marcha medidas encamiñadas mellorar a xestión ou conservación dos recursos mariños”- indicou o portavoz do Mar dos populares galegos.
En concreto, os proxectos subvencionados van enfocados a dous grandes grupos: ao control de acceso aos recursos (vixilancia e loita contra o furtivismo) e a distintas asistencias técnicas (contratación de biólogos, acondicionamento e rexeneración dos bancos marisqueiros ou para potenciar a comercialización dos produtos pesqueiros).
Segundo o deputado os datos achegados “demostran a implicación da Consellería coas confrarías da provincia de Lugo” e, sobre todo, que desde a Xunta se está a realizar unha grande aposta por este sector que é vital para a nosa provincia, “xa que estamos a falar das confrarías de pescadores e mariscadoras, importantes motores económicos das localidades nas que se asenta”.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



