Este sábado 15 de febreiro o Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz ateigouse de xente para presenciar a Proba Artística das Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz. O cheo foi total e o ambiente inigualable. Emoción, risas, espectáculo, arte… todo unido para facer desta competición amigable e entrañable todo un éxito. Ademais, “cada xornada que pasa destas Olimpíadas a afluencia de público vai en aumento e a implicación dos veciños é maior”.
O xurado estaba formado por sete persoas vinculadas ó mundo artístico na bisbarra: Noé Recalde, Presidente da Asociación Cultural “Conde Santo” de Lourenzá; Paco Piñeiro, autor e director teatral de renome na nosa bisbarra; Paz Rodríguez, Directora do grupo de teatro “Ardora” de San Cibrao; Xoán Guerreiro, afamado pintor de Xove; Marco Uría, Presidente da Asociación Cultural “Amado Lar” do Valadouro; Jorge Olivera, profesor de Música do IES Alfoz-Valadouro e o compositor de música, e Ramón Ares, actor dos grupos teatrais “A Adala” de Fazouro e “Ollomao” de San Miguel. Pola súa banda, a presentación correu a cargo dos inigualables Cachín e Albertiño Níñez. E tamén participou a TVG gravando o acto.
Triunfou no aspecto artístico a parroquia de Bacoi, coa actuación de dous cantantes de voz poderosa, como son Cándido Paleo e Almudena Cuadrado. En segundo lugar quedou a parroquia de O Castro, cunha emocionante escenificación do sentimento da emigración, ideada por Xabier Pardiñas e protagonizada por varios veciños, entre os que destacou a preciosa voz de Adela Díaz, interpretando “Lela”. O terceiro lugar foi para José Ramón “Pego”, un gaiteiro dos de antes, que representaba ó binomio parroquial de Terras Altas (As Oiras e O Pereiro). O pego, con 90 anos, segue soprando a súa gaita e tivo a xentileza de vir dende o concello de Riotorto, onde actualmente reside coa súa familia.
A continuación quedaron as restantes parroquias: Adelán cos bailes de Olaya Pedrosa e Lara Álvarez; San Pedro de Mor coas historias cheas de simpatía de Luís Souto; Lagoa, co orixinal monólogo de Alberto Sánchez; Carballido coa lección maxistral, chea de sátira e ironía, de Xaque, e Reirado coa orixinal representación teatral da familia Sixto.
Despois dos puntos obtidos na proba artística, a clasificación xeral das Olimpíadas pasa a estar encabezada por Bacoi, cun só punto de vantaxe sobre o anterior líder, Lagoa. As cousas están así:
1. Bacoi. 421 puntos.
2. Lagoa. 420 puntos.
3. Adelán. 388 puntos.
4. Carballido. 378 puntos.
5. O Castro. 377 puntos.
6. Mor. 331 puntos.
7. Terras Altas. 327 puntos.
8. Reirado. 267 puntos.
O vindeiro sábado 22 de febreiro celebrarase a última proba destas Olimpíadas: a dos Xogos Populares que se celebrarán no Pavillón Municipal a partir das 19.00 horas. Esta proba será decisiva, pois nela decidirase o gañador definitivo das Olimpíadas e farase a entrega das medallas de ouro, prata e bronce ós tres primeiros clasificados. Todos os demais participantes recibirán un diploma acreditativo da súa participación nestas Primeiras Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



