A orixe do entroido pérdese no tempo Houbo épocas nas que ningunha aldea deixaba de vivir as súas entroidadas, sinxelas e liberadoras. Festas colectivas e populares, nas que todos tomaban parte. Na Galicia dos antergos o entroido sinalaba o fin do inverno e a chegada das sementeiras, e o comezo da coresma..A afección á mesa abondosa e ás libacións xenerosas son compoñente que nos define. O noso país sufríu fames históricas, ó punto que estudosos – como o doutor García Sabell, médico e antropólogo eminente – chegaron a afirmar que a obsesión pola comida non é porque abunde, senon porque nona houbo; tese que compartía o noso amigo o xornalista e gastrónomo J.V.Sueiro, que via nas fames galegas, a inclinación ás grandes comidas e cuchipandas, reacción contra a penuria sufrida, temendo que no futuro non estarían o bastante alimentados…C.M.Barbeito no libro Galicia, sen negar a verdade tópica, que nos define só por melancólicos e soñadores, asegura que “o galego, cando se tercia,é espléndido e báquico, gran comedor, gran bebedor e gran fornicador; e dono da plenitude da vida.”. O Carnaval polos nosos pagos vivíu a evolución, ó igual que tódalas manifestacións sociais, culturais e festivas, pero mantén a copiosa degustación do animal que é o rei da cociña, o porco; imperio que comparte cos mariscos e os peixes das nosas costas, sendo número principal do entroido o desfile polo plato do lacón e a “cachucha”; o touciño e a costela; a orella e o rabo; o lacón e os chourizos… co aditamento de garavanzos, grelos e patacas, regado todo por un bó Ribeira Sacra,e que ten o epílogo nuns postres tradicionais e exquisitos: as filloas, orellas de frade, flores do entroido, rosquiñas, follas de limoeiro, chulas… Esquezamos por uns días, lector amigo, os ácidos úricos e colesterois; as hipertensións, glucosas e demais atrancos e comamos e bebamos. A austera coresma está á volta e non vaia ser que os xaxúns e abstinencias que nos esperan nos pillen sen reservas. Xa o dí a vella cantiga : “ Adeus, martes de entroido, / adeus, meu amiguiño / ata Domingo de Pascoa / non comerei mais touciño”….
suso Fernández





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



