Os Vicecoordinadores e actuais coportavoces de Espazo Ecosocialista, Chus Boo e Manuel Dios, presentaron este luns en rolda de prensa a axenda e os obxectivos da II Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista.
Espazo Ecosocialista, formación ecosocialista integrada en AGE, celebrará a súa II Asemblea Nacional o 22 de febreiro en Ames dous anos despois do seu nacemento.
Esta forza conformada fundamentalmente por persoas procedentes dos movementos sociais e da esquerda renovadora esta acentuando o seu papel propositivo e de alternativa construtiva á vez que medra e consolida a súa estrutura territorial e o seu crecemento.
Ademais, esta II Asemblea Nacional celebrase no contexto do proceso de recomposición da esquerda nacional e marcado por un calendario onde as próximas citas electorais . europeas e municipais – terán un carácter extraordinario ao darse no cambio de ciclo político marcado polo esgotamento do modelo xurdido da transición e coa posibilidade de abrir un período constituínte cara a unha democracia máis avanzada.
Axenda da II Asemblea
No plenario da mesma que se celebrará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Concello de Ames) se prevé que asistan un centenar de membros de Espazo dos preto de 300 que ten na actualidade.
A Asemblea Nacional que se celebrará en xornadas de maña e tarde iniciará os seus debates co Informe Político e de Balance de Xestión do realizado nos últimos dous anos (a I Asemblea celebrouse en maio de 2012) e unha serie de propostas a propósito da reconstrución da esquerda nacional e o proceso das eleccións europeas.
Sendas resolucións sitúan nos procesos de converxencia e renovación de esquerda os elementos claves para abordar con éxito o ciclo europeas e municipais.
Na sesión da tarde a Asemblea Nacional abordará os debates tanto no que se refire aos debates do documento político e estatutario que abordan os elementos da proposta de radicalidade democrática e novo proceso constituínte, a cuestión relacionada cos procesos de converxencia na esquerda e as novas axendas sociais; e a construción dun espazo ecosocialista renovador galego.
Durante o proceso pre-asembleario presentáronse 56 emendas e achegas nas diversas asembleas comarcais que indican unha moi boa sintonía no interior do partido.
Por último a Asemblea Nacional votará as propostas presentadas tanto para Coordinador e Coordinadora Nacional, como para o Consello Aberto Nacional e a Comisión de Ética e Dereitos. Ademais da co-Coordinadora Nacional composta por un home e unha muller, o Consello Aberto Nacional tamén será un órgano paritario e para el presentáronse 36 persoas candidatas (novos membros en algo máis do 50%).
Convidados de Galicia e europeos
A II Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista tamén asistiran convidados as distintas forzas da esquerda galega e europea coas que Espazo Ecosocialista mantén relacións políticas. Espazo Ecosocialista xa aprobou no seu día concorrer ás próximas eleccións europeas cun programa por unha Europa social fronte ao modelo neoliberal de recortes e da soberanía cidadá en contra do secuestro autocrático por parte da Troika, no marco dun suxeito galego nacional, continuador de AGE, e aliado nun fronte amplo de carácter estatal e nunha alianza das forzas políticas da esquerda verde e unitaria do sur de Europa.
Por iso a presenza xa confirmada de Marcelo Belotti, responsable de relacións para o sur de Europa de Sinistra Ecologia e Liberta (Italia); de Stavros Karagkounis, do departamento de Internacional de Syriza (Grecia); ou de Laia Ortiz, portavoz no Congreso dos Deputados de IVC (Catalunya). Ademais tamén contase coa presenza representantes da Chunta Aragonesista e de Iniciativa Vers de Baleares.
Entre os representantes de fora de Galicia cabe destacar a presenza do Coordinador Nacional de ICV, Joan Herrera, que estará o día anterior para manter unha xornada de traballo e coordinación política entre ICV e Espazo Ecosocialista e que impartirá unha conferencia o venres 21 ás 18,00 horas na Biblioteca Pública Anxel Casal que leva por titulo “canto sofremento pode soportar a democracia?”.
Á II Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista están convidados tódolos grupos que conforman AGE, estando confirmada a presenza de Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU e Viceportavoz Parlamentaria de AGE.


















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



