A evolución do Carnaval fai do de Foz, acaso, o máis brillante da Mariña. As vellas roupas, anacrónicas e grotescas, esquecidas fora dos arnarios ,“os entroidos”, son sustituídos polas carrozas e grupos nos que o luxo e a fantasía rivalizan en amplo mostrario que da novos motivos de pasmo. As comparsas, murgas e charangas, ataviadas con singulares e lucidas vestimentas, lanzan ó ar os sons que envolven lúdicas,e críticas estrofas que con rexouba celebran as xentes do bacanal presidido pola beleza e a simpatía da Raíña e Donas de Honra, testemuñas da fermosura e o engado da muller mariñà. Cando nos “anos escuros” vetàbase o entroido na rúa, foi nos locais de lecer onde se celebraban con esplendor. Na memoria de varias xeracións, perduran os salóns de R.María. de Cao, La Sociedad, A Peña ou o “Bahía”.
Foi éste, a principios dos 50, onde se implantou o “faroliño”, baile-concurso de gran beleza plástica, que con utópica ilusión pretendía emular a elegancia, e o glamour dos salóns aristocráticos de entre séculos,inmersa a sociedade no espíritu romántico da época… Cada parella participante dispuña dun farol veneciano, multicor,cunha vela; a escuras.a sala e acesos os farois só coa súa luz, iníciábase o baile ao compás do “Vals das Velas”, de Strauss. créandose un clima máxico de envolvente fantasía cos elementos :a luz e o corido das velas, tan acolledoras, e as notas acariñadoras e nostálxicas da música do Mestre, soando a letra da canción: “ Igual que en viejos tiempos/ con solemne ritual/ se apaga una a una / de las velas el brillar…”.. Segundo os farois se apagan as parellas retíránse da pista, e a última en facelo gaña o concurso.. .” A parella era premiada con un par de medias de cristal, novidade que facía furor entre as femias. (“As de Foz /son o demo e namais/ todas queren gastar/ medias de plexiglás./ Eu soñei, ou dixéronme a mín….“) estrofas coa musica de “Santander”,o grande éxito do entón popular Jorge Sepúlveda. O rapaz recibía unha botella de champan….Hai mais de 60 entroidos que en Foz se baila O “Faroliño”. Canta lembranza!
Suso Fernández






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



