Cervo, 8 de febreiro de 2014- O Concello de Cervo anunciou a súa intención de continuar asistindo ao Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, Xantar, que cada ano se celebra en Ourense por estas datas. Nesta edición, o punto forte foi a Festa do Ourizo, dándose a coñecer nun stand onde predominaron as referencias a este produto e á súa festa, tendo en conta especialmente que é o evento gastronómico máis próximo no tempo.
Pero o ano que vén, o obxectivo é poder promocionar outros atractivos gastronómico típicos de Cervo, e ampliar as recursos para dar a coñecer tanto as citas de exaltación como os puntos máis turísticos do concello. Polo tanto, incrementar a presenza en Xantar despois de que esta primeira edición servise para valorar a experiencia.
A edil de Turismo, Begoña Alonso, asegurou que “cada vez más la gastronomía es un eje fundamental en las estrategias de atracción turística y, en el caso de Cervo, tenemos muchos recursos que explotar, un sector hostelero que sabe sacarles un gran partido, y también unos vecinos que respaldan y se implican en cada celebración”. Polo tanto, “es muy importante estar en citas como Xantar”.
Ao mesmo tempo, a edil tamén anuncia que para a próxima edición agardan poder levar unha mostra dos produtos gastronómicos típicos de Cervo, ou incluso doutras festas, a Xantar, para o que convida a hostaleiros, asociacións e demais persoas relacionadas coas diferentes celebracións do municipio a participar activamente nesta iniciativa.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



