Santiago, 6 de febreiro de 2014.- O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, anunciou que a súa formación política presentará e defenderá a súa propia iniciativa –xa rexistrada no Parlamento- en defensa da programación prevista para as obras de mellora da estrada LU-124. Así o indicou ante a negativa dos deputados do BNG de aceptar a emenda formulada polos populares, no transcurso da Comisión de Infraestruturas da Cámara galega, e na que desde o PP se incluían os compromisos adquiridos polas distintas administracións.
De feito, Balseiro lembrou que tanto as actuacións previstas por Fomento (xa contratadas e de inminente execución) como os compromisos adquiridos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (a executar tras as obras de Fomento) levaranse a cabo antes de que finalice este ano.
En base a este argumento, o deputado do Grupo Popular defendeu que a iniciativa do BNG sobre o arranxo da estrada LU-124 “chega tarde” e se formula agora –con ata 8 meses de retraso respecto da data na que os nacionalistas a rexistraron– con “oportunismo político” e coa única finalidade de “deslucir o avance que supón para o conxunto da comarca a culminación da autovía do Cantábrico.
O PP APOIA O PROGRAMA DE ACTUACIÓNS
Balseiro volveu a lembrar que fronte aos compromisos firmes das administracións actuais gobernadas polo PP, os veciños, “que teñen memoria” lembrarán que durante a etapa de Goberno bo bipartito na Xunta, pese a herdar un proxecto construtivo xa redactado polo executivo Manuel Fraga, non se fixo nada nesta estrada (a excepción dunha pequena reposición de beirarrúas na Avenida Buenos Aires de Mondoñedo). A esta razón atribuíu o fracaso da concentración promovida polo BNG e polo PSOE, con ocasión da inauguración da autovía “que non mobilizou nin aos seus propios concelleiros”
PROGRAMACIÓN DE ACTUACIÓNS
Na súa exposición, Balseiro explicou que o aspecto actual da LU-124 no tramo ao seu paso por Mondoñedo é consecuencia directa da intensidade de circulación de vehículos pesados que traballaron na construción da autovía A-8. Tamén indicou que tanto para corrixir esta situación como dar solución ao problema das escorrentas o Ministerio de Fomento xa orzamentou e contratou as súas obras tal e como preflicte o BOE do 28/11/2013
O deputado aclara que, segundo o cronograma pervisto, será despois de rematadas as obras de Fomento cando a Xunta de Galicia acometa con carácter de urxencia e dentro do ano en curso a execución dun proxecto de rehabilitación do firme da LU-124 no treito, Mondoñedo-Lindín e inmediatamente despois, cando execute a mellorara integral estrada autonómica.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



