O Pentatleta Internacional Cristóbal Rodríguez volveu facer historia a pasada fin de semana na Capital Mundial do Pentatlón Moderno, Budapest, ao rematar noveno clasificado na Copa Nuskin do Circuíto Mundial, que reuniu aos mellores pentatletas do Mundo entre os que figuraban varias Campións de Europa do Mundo e Medallistas Olímpicos, que foron os únicos que conseguiron avantexar ao pentatleta de Viveiro na ponte de meta.
Rodríguez chegaba a Budapest despois dun parón por unha lesión de periostitis na súa perna esquera, polo que o seu rendemento era unha incógnita despois de varias sesións de masoterapia e fisioterapia. A competición desenvolveuse en dous tramos: o primeiro o sábado onde os pentatletas realizaban as probas de natación, esgrima e hípica.
Na primeira xornada o deportista mariñán conseguiu pasar o corte nunha magnífica quinta posición tras unha boa natación co novo modelo de “Arena” en cuxa proba foi cuarto e saldando a esgrima tamén cunha gran actuación que o situaba no primeiro corte e que se viu refrendada tras unha boa hípica onde realizou limpo o percorrido, a pesar dunha pequena penalización por excederse catro segundos de tempo.
Así as cousas, a xornada do domingo daba comezo cunha temperatura exterior de oito graos negativos, realizandose a proba combinada que auna as especialidades de tiro e carreira ás 14.00 horas. Rodríguez tivo que empregarse a fondo durante todo o percorrido para poder manterse no TOP 10. O obxectivo cumpriuse na última volta na que saíu a correr con Marosi, actual Medalla de Bronce Olímpico e ex-campión mundial; xa que Rodríguez aguantou o ritmo infernal de Magiar tendo que ceder a falta de 200 metros cunha chegada en sprint que o situaba nunha sobresaínte novena posición. Así, o Maestro de Espada, o húngaro Bondi Kovacts mostrábase satisfeito o mesmo que a dirección técnica da Federación Española e Galega nunha proba do máis alto nivel.