Lourenzá, 6 de febreiro de 2014. O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, estivo este xoves en Lourenzá e felicitou ao Concello polo seu traballo na promoción do deporte e no fomento da vida sa. Lete Lasa, que estivo acompañado polo responsable provincial do departamento autonómico de Deportes, Manuel Otero Cadramón, reuniuse coa alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, e co concelleiro de Deportes, Pablo Maseda.
Despois da visita a rexedora municipal explicou que o secretario xeral para o Deporte da Xunta “veu felicitarnos polo traballo que se está a desenvolver para a promoción do deporte e fomento de vida sa, ao mesmo tempo que se interesou polo estado das instalacións coas que conta o concello. O escaso presuposto que manexa a Secretaría Xeral para o Deporte dedicado a investimento deportivo para o exercicio 2014 non fai posible falar de actuacións no noso concello pero si tomou nota das deficiencias que lle formulamos, principalmente o campo de fútbol e o pavillón polideportivo. Concretamente en relación a este último, e tendo en conta que temos un equipo de baloncesto feminino xogando na Primeira División Nacional, que é terceira categoría máis importante a nivel estatal, foi sensible coas carencias que presenta para poder estar á altura de competicións nacionais”.
Emma Álvarez engadiu: “transmitiunos a súa felicitación a todos os equipos das distintas disciplinas das escolas deportivas municipais polo bo traballo que están desenvolvendo ao mesmo tempo que se mostrou confiado en que o Lourenzá-Ensino, que vai segundo na súa liga, volva ascender de categoría este ano. Desa maneira recibirán patrocinio directo dende a Secretaría Xeral para o Deporte. O concelleiro de Deportes e eu mesma desexamos que así sexa”.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



