Lugo, 6 de febreiro de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou este xoves a participación dos concellos de Lourenzá, Chantada e A Pobra de Brollón no acto de exaltación dos Entroidos galegos que se vai a levar a cabo o próximo domingo en Santiago de Compostela.
Segundo explicou a delegada territorial, o acto terá lugar a partir das 11 da mañá dende a dársena de Xoán XXIII percorrendo as rúas San Francisco, Obradoiro, Fonseca, Vilar, Toural, Nova, Praterías e Fonseca ata chegar sobre as 12.15 a praza do obradoiro, onde cada entroido fará a súa actuación. Pola tarde, a partir das 5, os diferentes grupos pasearán polas rúas da zona vella de Santiago.
O domingo de Piñata de Vilanova de Lourenzá, o entroido de Chantada ou Entroido Ribeirao cos Volantes, e o Oso de Salcedo da Pobra do Brollón compartirán cartel con algúns dos entroidos máis afamados de Galicia, como os de Xinzo e Verín –declarados Festa de Interese Turístico Nacional-.
O obxectivo deste acto de exaltación dos diferentes Entroidos galegos é difundir a gran riqueza cultural e etnográfica das comarcas e vilas galegas así como “potenciar os nosos carnavais, xa que teñen un potente efecto dinamizador económico para as comarcas nas que se celebra”, segundo apuntou Arias.
A delegada fixo fincapé no valor do entroido galego como recurso turístico, e gabou ademais o seu efecto desestacionalizador. “ Implica a ampliación da oferta turística –afirmou Arias-, a posibilidade de disfrutar dunha gastronomía característica desta época do ano e a posta en valor do territorio dende outra perspectiva, potenciando actividades como o turismo activo, o enoturismo ou o turismo cultural e urbano”.
Arias informou de que o acto contará coa presenza de xornalistas especializados que publicarán reportaxes e traballos sobre as diferentes manifestacións do entroido nas que estarán presentes, “co obxecto de converter esta manifestación cultural nun gran atractivo para os viaxeiros que se acheguen a coñecer Galicia. e permite por en valor a cultura común dunha zona ou comarca”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



