O luns 24 de febreiro , ás 20 :30 horas, no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro e conmemorando o Día de Rosalía de Castro, o colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza un recital que contará co apoio musical do alumnado do Conservatorio e cos poemas de Rosalía de Castro recitados por unha ducia de veciños e veciñas de Viveiro de distintas idades e profesións. A entrada a este acto é libre até completar o aforo.
Recital con música en directo no Día de Rosalía