Burela, 7 de marzo de 2014. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, visitou este venres xunto aos técnicos da Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao os restos do faro que hai uns días foi practicamente destruído polo mar. A estrutura está solta e no seu interior están seccionadas todas as varas de ferro que o sostiñan. O tronco do faro deberá ser eliminado para instalar unha baliza de sinalización provisional, mentres se redacta o proxecto de construción dun novo faro o máis similar posible ao existente ata o pasado luns.
O rexedor contou que “a estrutura que se pode contemplar está solta e apoiada na base do faro soamente por unha cuña e no seu interior están absolutamente seccionadas todas as varas de ferro que axudaban a conformar a estrutura do faro de Burela. Para os técnicos resulta sorprendente a calidade tanto do formigón como do ferro usados, quedaron moi sorprendidos de que coas técnicas que había 50 anos se puidese facerse unhas construción coma esta”.
José Mª González Barcia dixo que “a partires de agora e despois de velo in situ toca adoptar algunha decisión ao respecto, toca ver qué é o que se fai cunha mole dunhas 150 toneladas de peso, que ten unha base duns 4 metros e unha altura duns 6 metros. Eses son os restos que alí quedaron”.
O alcalde indicou que “se adoptará a decisión de eliminar o que queda de faro, refírome ao tronco que está na situación na que está, despois á estrutura feita sobre o pedra non se lle vai tocar. Estanse a barallar distintas alternativas desde seccionalo alí mesmo, ata voalo, pero terán que ser os técnicos os que o decidan despois dos datos recollidos sobre as características da roca onde se asenta o faro, as características do fondo, a profundidade de auga… eles valorarán as distintas alternativas posibles a levar adiante”.
O rexedor burelés sinalou que “a conclusión é que a estrutura que hai alí non vale. Xa nestes días eu sempre din a miña opinión, de profano, de que os restos que quedaron alí non serven para nada. Cando se retire a estrutura que queda alí de pé, se procederá á colocación dunha baliza de cinco metros de altura por medio metro de diámetro para facer as mesmas funcións que realizaba o faro existente ata o pasado luns, cando o mar o fixo desaparecer. Tamén de xeito simultáneo se traballará na redacción dun proxecto de obra para reconstruír o faro da forma máis exacta posible ao que había ata hai uns días”.
González Barcia subliñou que “se lle dará a maior axilidade posible a buscar a solución para retirar a infraestrutura existente agora mesmo e a partires de aquí se axilizará a colocación da baliza que recupere a sinal do faro. E con celeridade se fará tamén o proxecto do novo faro”.
O alcalde de Burela advirte que “si os dous primeiros traballos, a retirada dos restos existentes e a colocación da nova baliza provisional, se pode facer en cuestións de semanas a obra do que será o faro novo levará máis tempo. Non quero con isto crear falsas expectativas de que isto se fará en cuestión de dous meses, non, isto é un proxecto que ten que seguir os pasos establecidos pola normativa legal vixente, a súa contratación da obra tamén ten que seguir estes pasos e que ninguén pense que o faro novo vai estar listo en dous ou tres meses, xa que vai levar un pouco máis. O que si é certo é que existe o compromiso firme da Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao e de Puertos del Estado, dos seus presidentes José Villarino e José Llorca, respectivamente, e tamén por parte da propia ministra de Fomento, Ana Pastor, de que Burela conte cun faro o máis exacto posible ao existente ata hai uns días”.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.