CADERNOS DA VIAXE. Percorre a nosa sociedade a necesidade de acadarmos a transparencia do sistema de representación e máis a rexeneración das estruturas políticas, o que conleva precisamente a adopción das candidaturas abertas, a elección dos candidatos en primarias abertas á cidadanía e mesmo a adopción de mecanismos de control,como a posibilidade de que a cidadanía poida instar,na metade do mandato do cargo representativo correspondente, un referendo que confirme ou revogue ao cargo eleito para o resto do mandato.
Fronte esta onda de cambio àlzanse as xerarquìas burocráticas das organizaciòns do bipartidismo dinástico-e màis algunhas outras- que queren manter un “status quo”, no que un Xefe manda e unha pequena elite dirixen os Partidos. Partidos nos que se tenta recrutar xente pouco crìtica e pouco pensante, que non cuestione as ideas e ocorrencias dos líderes nin a lòxica interna destas burocracias. En troques, os partidos, nomeadamente PP e PSOE, proven de postos de traballo ben retribuìdos a persoas que, malia o seu carácter de cargos gobernamentais, orgánicos ou eleitos, non teñen capacidade real de modificar nin influir no discurso e programas do Partido.
Co sistema de candidaturas abertas e coa elección dos candidatos en elecciòns primarias abertas a afiliados,simpatizantes e simples cidadàns que manifesten a sùa adhesión ao proxecto do Partido correspondente, tronzarase o mecanismo xeràrquico que lles impide a moitos líderes cìvicos fornecer as candidaturas. Nun sistema transparente e democrático de primarias o líder veciñal ou social, o profesional, o bò xerente, o comunicador ou o intelectual poderàn concorrer con bò suceso fronte aos funcionarios de Partido favoritos de cadansùas direcciòns endogámicas. Abrìranse as fiestras e ventilarase o abafante ambiente político, onde se achegaràn persoas con opinión, traxectoria social e dedicación profesional de seu allea à política. Para alèn diso, os candidatos estarán moito màis pendentes de conectar coas bases e coa sociedade e deixaràn nunha terceira orde a compatibilidade cos burócratas ao mando.
Candidaturas abertas, primarias abertas à cidadanìa, referéndum revogatorio e moita màis proporcionalidade electoral sen umbrais mìnimos. Velaì unha boa proposta para acadarmos màis e mellor democracia
Xoán Antón Pérez-Lema.





















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



