CIG-SAÚDE, CCOO, UGT, C-SIF, CESM, OMEGA e SAE (agás o sindicato de enfermaría SATSE que non participa) convocan asembleas abertas no Hospital da Costa entre os días 6, 7, 10, 11, 12 e 13 de marzo e concentracións, tamén no Hospital da Costa, o venres 14. Xunto a isto aseguran que se o SERGAS non paraliza a privatización do servizo de esterilización, reverte a privatización de mantemento (electromediciña)e muda a súa política sanitaria de deterioro da sanidade pública galega en xeral, e na Mariña en concreto, convocaranse manifestacións en todas as comarcas para o día 26 de marzo, ás que chaman a participar a traballadores/as e usuarios/as da Sanidade Pública.
Dende CIG Saúde sinalan que o que está a facer o PP é fragmentar a sanidade pública en pequenas parcelas para facilitar a súa privatización. “Comezou por privatizar os servizos non sanitarios coas consecuencias tan negativas que está a ter”, e agora comeza cos de “bata branca”, sen esquecer outros modelos privatizadoresinstalados na Mariña, como a derivación masiva de pacientes cara centros de rehabilitación privados ao tempo que manteñen as instalacións públicas sen dotar de recursos humanos.
Hoxe as 12 da mañá, traballadoras e traballadores do Hospital da Costa, concentrábanse en asemblea diante do despacho do Xerente para rexeitar as políticas privatizadoras que estan a levar a cabo dende a Conselleria de Sanidade.
Lembraron que o propio Consello de Contas dixo que os gastos na xestión privada se dispararon un 100% respecto á pública, achacábel a un aumento das exploracións, e que, desde 2009, se privatizou a construción do hospital de Vigo, os plans directores dos complexos hospitalarios de Ourense e do Salnés, a central telefónica de cita previa, a alta tecnoloxía diagnóstica e terapéutica, o mantemento de equipos de electromediciña, a plataforma loxística de medicamentos, o arquivo de historias clínicas a atención so accidentados leves d e tráfico, as telecomunicacións e agora están a piques de facer o mesmo co servizo de esterilización.
O que demandamos con estas mobilizacións e que se recuperen todos os servizos de titularidade pública porque “esta administración, malia dicir que as privatizacións son boas para o sistema, en ningún momento presentou un informe que xustifique a súa medida”. As externalizacións e privatizacións “son a demostración da incapacidade manifesta para xestionar o público” e consideramos que se o actual goberno non é capaz de xestionar o patrimonio público, ten que marchar.
En todo caso, subliñar que a privatización de esterilización é o paso previo ás áreas de xestión clínica,encamiñadas a fragmentar e privatizar a sanidade. Un modelo perverso que pretende facer cómplices as e os profesionais do deterioro da sanidade a cambio do reparto de beneficios, modelo de xestión que a día de hoxe conta co rexeitamento de tódolos traballadores/as do SERGAS e que dende o goberno, dixeron que ían publicar e seguen a dicir que van publicar pero aínda non o fixeron, xa que se non hai acordo cos profesionais,estas áreas de xestión clínica están abocadas ao fracaso”.
Por iso CIG-saúde e o resto de organizacións convocantes, reiteran o seu chamamento a todo o persoal do SERGAS, mais tamén á poboación no seu conxunto, a paralizar estas políticas e defender a sanidade pública, única que garante a atención sanitaria gratuíta e universal.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.