O Burela FS Pescados Rubén segue o seu camiño. O empate desta tarde na visita do Ríos Renovables (2-2) mantén a pugna pola sétima praza para riberanos e laranxas (30). Vista Alegre volveu vivir un duelo de rivalidade digno de firmes aspirantes aos mellores play off, no que a fortuna goleadora se repartiu na primeira parte para os locais e a segunda para os visitantes e os gardametas captaron gran parte do protagonismo.
Nos primeiros compases ambas as escuadras xa tentaban a meta rival. Edu primeiro, cunha man prodixiosa, e Mimi despois, sacando o balón cando xa excedera o porteiro mariñán, conseguiron manter as táboas no luminoso no minuto 2. Sobre o 5, Mimi volveu erixirse como o protagonista, pero esta vez en ataque, cun disparo á escuadra que se marchou alto. A defensa laranxa freou as ganas dos de Tudela e quixo sorprender a Molina nun saque de esquina recollido por Antoñito sen sorte, no minuto 7, tentativa á que respondeu Juni poucos segundos despois ante un sagaz Edu. Cando máis asediaba o Renovables os paus burelistas chegou o gol dos locais, con Antoñito de tacón asistido por Burrito (minuto 9). Tan só un minuto despois, Matamoros subiu o 2-0, coa o apoio tamén de Burrito, que aproveitou a saída da área do balón de Mimi, enzarzado coa defensa visitante. In crescendo, o Pescados Rubén perseguiu unha nova diana nas zapatillas de Iago Míguez, a pase de Isi, que non atopou a resposta esperada no centro (minuto 12). Na recta final e con acumulación de faltas para o Burela FS, o rival intensificou a súa presión para acurtar distancias, con dúas boas ocasións no 17, de David e Joselito, aínda que o conxunto de Juanlu tamén xerou un gran perigo nos pés de Antoñito (minuto 17) e Matamoros (minuto 19). O descanso chegou cun Ríos moi activo en ataque.
Co reinicio o Burela FS tivo no electrónico o 3-0 nun control de Iago Míguez en combinación con Mimi (minuto 23). Poucos segundos despois, o Ríos atopou o seu gol tan buscado nas zapatillas de Palmas, que recibiu o esférico na área. Juanma volveu dispoñer dunha oportunidade de ouro para o terceiro no 26, asistido de novo por un traballador e eficaz Mimi. Charlie buscou a igualada tan só un minuto despois ante a imperturbable solvencia de Edu. No ecuador do segundo tempo, Burrito contribuíu a dúas grandes chegadas de Iago e Antoñito, que pegaron no tamén resolutivo Molina. O meta naronés volveu demostrar a súa infranqueabilidad no 32, ante David, pero non puido facer nada no contraataque culminado por Andresito a pase de Luisma, tan só dous minutos despois.
Co marcador 2-2, as ocasións dos tres puntos concentráronse nas filas laranxas. No 38, Lolo desbaratou a circulación de Mata sobre Molina, a pase longo de Edu. A falta de 1.12, Burrito estrelou un potente mísil contra o pau.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, Burrito, Matamoros, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Isi, Juanma.
Ríos Renovables Ribera Navarra FS: Molina, Lolo, Rubi, Andresito, Charlie, cinco inicial; tamén xogaron Palmas, Luisma, Joselito, David, Juni.
Goles: 1-0, minuto 9, Antoñito; 2-0, minuto 10, Matamoros; 2-1, minuto 23, Palmas; 2-2, minuto 34, Andresito.
Árbitros: Redondo Arenales // Viedma Martín (Castela e León).
Tarxetas: Por Burela FS, amarela a Edu (minuto 7). Por Ríos amarela a Juni (minuto 8).
Incidencias: Partido correspondente á 23ª xornada de Primeira División LNFS disputado en Vista Alegre. Arredor de 900 espectadores nas bancadas, con colorido de Entroido Laranxa.
*Foto: A Caixa Escura Producións.

























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
