A Aula Universitaria de Foz acolle un curso de 20 horas de introducción ó inglés entre o 18 e o 28 de marzo en horario de 16.30 a 19.00 horas. Será o profesor Jorge Cosio o que imparta estas clases sobre expresións básicas, descricións persoais, da vivenda, compras, sinais e gustos ou preferencias, ademais de actividades habituais. Os interesados poden recibir máis información no teléfono 982 133 699 ou a través do enderezo electrónico foz@lugo.uned.es. O prezo da matrícula é de 35 euros, 30 para alumnos e alumnas da UNED e desempregados e 25 para os alumnos e alumnas con discapacidade.
Curso de introducción ó inglés na UNED de Foz
Curso de introducción ó inglés na UNED de Foz
Relacionado
-
30 Aniversario da Pena Madridista Vallibria de Mondoñedo
-
O coro asturiano animAVoices presentará este sábado, 24 de maio, ás 12:00 h no Casino de Navia, o seu novo videoclip: unha emotiva versión coral da Miña mozuca, de Melendi
-
A guía Cristina Díaz Leguina acompaña desde Mondoñedo a un grupo de oito peregrinas provintes de Estados Unidos e Canadá.