En Alfoz o Día da Muller celebrouse o día 9, nun acto festivo musical que comezou cunha interesante charla da psicóloga local Amparo Vizoso, que falou dos dereitos das mulleres ó longo da historia e da loita por acadalos, dos problemas psicolóxicos das mulleres (atarefadas tanto dentro como fóra do fogar) e das inxustizas laborais e sociais que aínda quedan por corrixir respecto á situación da muller. Trala conferencia de Amparo Vizoso, gozamos da música da Foz Big Band, que, baixo a dirección de Arcadio Mon, ofreceunos unha hora de música rítmica, cunha maioría de pezas de música americana.
