Lourenzá, 7 de marzo de 2014. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo público un bando para informar dos cambios no tráfico ocasionados polo desfile de Entroido que se celebrará este domingo en Vilanova con 4.675 euros en premios.
A rexedora municipal explica no bando que “con motivo da celebración do Domingo de Piñata neste concello o domingo 9 de marzo de 2014 permanecerán cortadas ó tráfico dende ás 16 horas ata o remate do desfile as seguintes rúas: Ponte de Cuñas dende a saída do mercado comarcal gandeiro, Avenida do Val, Avenida de Mondoñedo dende o cruce con Rego Vilazo, Travesía da Mariña, Julia Minguillón, Avelino Montero Villegas, Doctor Rubiños, Rego Vilazo, Obispo Villarroel, Paseo de Oya, Secretario Luis Iglesias, As Plazas e Francisco Fernández del Riego”.
Emma Álvarez engade que “prohíbese aparcar a partir das 12 horas nas mencionadas rúas e en Casas Novoa e Praza Linares Rivas. Tamén se informa que a parada de autobuses durante esta xornada trasládase ata a Praza Julia Minguillón (xunto ó bar Cabaleiros). Así mesmo ese día quedarán cortadas ó tráfico as estradas seguintes: Lourenzá a Trabada ó seu paso por Vilanova ata a pista que vai á Teixeira, por onde se desviará o tráfico dende a Pena e logo discorrerá por detrás do mercado comarcal gandeiro e sairá á pista da Tilleira, accedendo de novo á vila pola rúa Casas Novoa; e Paraxes – Lourenzá dende Vilanova ó lugar de A Pena, co desvío correspondente”.
Ademais a alcaldesa destacou que no desfile de Entroido “haberá 4.675 euros para premios, dos cales 3.375 son para adultos (comparsas, charangas, carrozas, grupos, parellas e individuais) e 1.250 euros para infantís. Ademais hai un premio especial para o máis chistoso de 50 euros. Este ano cambiamos o percorrido para facer un que cremos que é máis vistoso e ao mesmo tempo axudaranos a solucionar o pequeno embotellamento que se facía todos os anos cando a cabeza do desfile se xuntaba co resto dos participantes que aínda estaban percorrendo as rúas. Con este cambio a maiores das rúas polas que se pasaba anteriormente tamén se vai pasar por Muíño do Frade e Francisco Fernández del Riego. A inscrición para participar no desfile deberá facerse no recinto feiral dende as doce do mediodía ata as tres da tarde. Os que desfilen sen dorsal non serán puntuados. Os premios do desfile entregaranse na Praza do Conde Santo e os gañadores terán que levar o disfrace para recollelos e se non é posible deben ir polo menos co dorsal. Unha vez rematado o desfile o dúo Diamantes amenizará a festa ata a entrega de premios e continuará posteriormente”.
Álvarez Chao rematou animando á xente a “que se pase por Lourenzá, posto que ademais o domingo durante toda a mañá hai mercado con postos de pulpo e churrasco, nos que a xente que veña poderá comer e tamén nos restaurantes do pobo. Cremos que vai haber un número importante de xente en Lourenzá posto que as posibilidades de choiva son mínimas, un 10 por cento, e prevense unhas temperaturas agradables, que oscilarán entre os 9 graos de mínima e os 21 de máxima”.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.